yiddish*
yiddish*
-
adx
Relativo ou pertencente ao yiddish.
-
s
m
[LING]
Lingua dos xudeus asquenasitas. De base altoalemá, interveñen nel factores eslavos, fráncicos e románicos, pero mediatizados polo hebreo, que, entre outros trazos, proporcionoulle o alefato. OBS: Tamén se denomina xudeoalemán.
-
literatura yiddish
[LIT]
Literatura cultivada en yiddish. Divídese en dous períodos, desde o s XV ao XVIII, e desde o XVIII ao XX. Iniciada ao redor do s XV, nútrese de elementos relixiosos e tradicionais xudaicos. Na segunda época estendeuse a todos os campos e tivo a súa idade de ouro na segunda metade do s XIX, con autores como M. Mokher Sefarim, Š. Aleïkhem, I. Leib Peretz e Š. Asch. Na poesía destacaron J. Solomon Bloomgarden e M. Rosenfeld.