"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga denominación do xénero Cinnamomum.
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Estudiou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como cargo directivo en diversas empresas. De ideoloxía conservadora, en 1978 ingresou en Alianza Popular (desde 1989 Partido Popular). En 1983 chegou á presidencia da Comunidade Autónoma das Illes Balears con este partido. Revalidou o cargo en 1987, en 1991 e en 1995, pero tivo que dimitir acusado dun delito de suborno na construción do túnel de Sóller.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada unha das pezas de madeira, xeralmente en forma de “u”, que van colocadas a ambos os lados do xugo ou canga e entre as que vai metido o pescozo do animal ao ser xunguido.
-
Pao que se ata ao pescozo dun animal para impedir que pase por lugares estreitos.
-
Angarellas empregadas para transportar envases con auga.
-
cangallo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito da viña cando os acios son de pequeno tamaño e case non teñen uvas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa alta e desaxeitada.
-
ILLAS
Illa de Australia, no estado de Australia Meridional, situada fronte ao golfo de San Vicente (4.350 km2). Os principais recursos económicos son a gandería ovina e a explotación dos bosques de eucaliptos. No seu interior hai espacios declarados reserva de fauna e flora. A poboación principal é Kingscote.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Óso da parte interna da perna situado entre o xeonllo e o pé.
-
Calquera dos ósos longos do brazo ou da perna.
-
Calquera dos ósos longos das ás dunha ave.
-
Parte anterior da perna entre o pé e o xeonllo.
-
-
Pernas moi delgadas.
-
Peza metálica ou doutro material arredor da que se enrola o fío, que vai disposta dentro da lanzadeira para formar a trama do tecido nunha máquina de coser ou nun tear. Preséntase en varios formatos, dependendo do tipo de fibra e do uso ao que se destina.
-
Cano de madeira polo que entra a auga no rodicio do muíño.
-
-
-
-
Cortiza parda e aromática da caneleira que se presenta en forma de tiras finas superpostas que se enrolan ao secar e forman a canela en rama. Comercialízanse os canotiños enteiros, en anacos ou en po. As máis apreciadas son as de Sri Lanka, Penang, Saigón e China. Amplamente utilizada en repostería e como condimento para peixes, polo, arroces e outros pratos, sobre todo na cociña árabe. Tamén se extrae destas codias un aceite esencial que se usa como saborizante. A esencia, rica en aldehido cinnámico, utilízase como tónico estomacal, carminativo e antiséptico, e tamén en perfumería.
-
canela branca
Cortiza da caneleira branca, aromática, de sabor picante e amargo que se emprega como especia e como estimulante estomacal e tónico.
-
canela da China
Cortiza aromática da caneleira da China, substitutiva da canela, menos suave e non tan apreciada coma esta.
-
canela en rama
Cortiza da caneleira aromática que se presenta en forma de canudos.
-
-
caneleira.
-
Que ten unha cor semellante á canela, entre amarela e parda.
-
Cousa exquisita e refinada.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado ao L da provincia, no límite con Granada (2.327 h [1996]). Está accidentado pola serra de Alhama e regado polos ríos Almachares e Bermuza. A principal produción é o viño, pero tamén son importantes os cereais, legumes, laranxas e figos. No seu relevo destaca a cova de Fajaros, onde hai formacións cristalinas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concedido por Carlos II, o 31 de decembro de 1689, a Baltasar de Molinet en Flandres, conselleiro e greffier da orde do Toisón de Ouro. Leva as mesmas armas ca as dos Molinet, en Flandres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar á beira da cidade de Cannas, na rexión italiana de Apulia, no ano 216 a C entre o exército romano, comandado polo cónsul Terencio Varrón e o exército cartaxinés, comandado por Aníbal, no marco da Segunda Guerra Púnica (218-201 a C). Supuxo unha gran derrota para Roma.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na marxe dereita do río Guadalquivir e atravesado polo río Viar (8.930 h [1996]). No seu termo está a lagoa e o encoro do mesmo nome. A economía é principalmente agrícola e destínase ao cultivo de cereais, laranxas, viño e pasas. Na industria destacan as fábricas de xabón, tecidos de la e augardente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Olduvaiense.
-
PERSOEIRO
Escritor latino. Foi o autor de De nuptiis Mercurii et Philologiae (Sobre as nupcias de Mercurio e Filoloxía), obra enciclopédica onde expón a materia das sete artes liberais; expoñente das diversas correntes culturais do helenismo, tivo gran difusión como libro de texto durante a Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Barcelona, por riba do río Anoia, que forma neste lugar o desfiladeiro de Capellades (5.021 h [1996]). A principal actividade económica é a industria, con fábricas de papel, cartón, embalaxes, tecidos, cerámica e industrias derivadas da madeira. É tamén centro de veraneo, con grande afluencia turística. En 1961 creouse no antigo muíño da vila o Molí-Museu Paperer, onde se fabrica o papel de barba cos mesmos procedementos mecánicos ca no s XVIII. No mesmo edificio atópase o Museu Arqueològic Amador Romaní inagurado en 1948. No sistema cárstico de Capelló atópase o xacemento Abric Romaní.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Capelán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar acontecida entre outubro e novembro de 1917 na vila fronteiriza de Caporetto (actual Kobarid, Eslovenia), na chamada fronte do Isonzo, entre forzas italianas e austríacas durante a Primeira Guerra Mundial. En 1917 as tropas italianas do xeneral Cardona foron derrotadas pola ofensiva austro-alemana de Von Below.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de crustáceos mariños da orde dos isópodos, de ata 40 mm, de corpo alongado e delgado, e abdome reducido, que presentan un par de apéndices modificados para a captura de pequenas presas, ao xeito das barbantesas. Nas augas costeiras do Atlántico vive a especie C. linearis, que se camufla entre os hidroideos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas ao que pertence o panqueixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de carabullos.