Cannas, Batalla de

Cannas, Batalla de

Acción militar que tivo lugar á beira da cidade de Cannas, na rexión italiana de Apulia, no ano 216 a C entre o exército romano, comandado polo cónsul Terencio Varrón e o exército cartaxinés, comandado por Aníbal, no marco da Segunda Guerra Púnica (218-201 a C). Supuxo unha gran derrota para Roma.