"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • PERSOEIRO

    Escritor chileno. Colaborador en distintos xornais e revistas, a súa obra é de orientación costumista. Da súa produción destaca El inútil (1910), El monstruo (1912), El roto (1920), Valparaíso, la ciudad del viento (1931), Criollos en París (1933), El subterráneo de los jesuitas (1966) e Nuevas crónicas (1966). Membro da Academia Chilena de la Lengua (1954), recibiu o Premio Nacional de Literatura (1943) e o Premio Nacional de Periodismo (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir xudeu. Foi un dos escribas máis destacados do seu tempo. A súa historia cóntase no Libro dos Macabeos. Xa ancián, foi martirizado (167 a C) pouco antes do levantamento dos macabeos contra a dominación de Antíoco IV Epifanes, rei helenizado de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de trinta e catro covas escavadas na rocha e con forma de templo situadas no estado de Mahārāshtra, preto de Aurangābād, na India. Dispostas de forma correlativa de S a N, pertenceron ás distintas relixións da India: doce son budistas (200 a C-600 d C), dezasete hindús (600-900) e cinco xainís (800-1000). Nelas destacan as súas esculturas realizadas por artistas procedentes de Ajanta. Cómpre salientar o templo monolítico de Kailāsha escavado nunha soa rocha. A UNESCO declarounas Patrimonio da Humanidade en 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Panos ou roupa cos que se envolve un bebé.

    2. Cousa ou conxunto de cousas envoltas con pouco coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Panos ou roupa cos que se envolve un bebé.

    2. Cousa ou conxunto de cousas envoltas con pouco coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa ou cousas mesturadas de forma desordenada e que resulta difícil separar.

    2. Asunto ou situación de difícil resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicerrei de Nova España (1568-1580) e do Perú (1581-1583). No vicerreino de Nova España limpou as costas de piratas ingleses, combateu os indios huachís e creou os fortíns de San Felipe, Ojuelos e Portezuelos. No Perú instaurou o servizo postal e fundou San Luis de Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e clérigo. Foi conselleiro de Enrique IV de Castela, a quen apoiou na guerra civil castelá. Detivérono e condenárono a morte, pena que non chegou a ser executada porque escribiu a crónica do seu reinado, publicada en 1787 co título de Crónica del rey don Enrique, el cuarto de este nombre, de gloriosa memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago da República Dominicana, entre as provincias de Bahoruco e Independencia (400 km2), situado a 44 m baixo o nivel do mar, na conca sedimentaria de Neiba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fío ou cabo delgado que se emprega para coser a rede á tralla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro compartimento do estómago dos ruminantes no que se realiza a absorción da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cousa ou feito que impide a realización ou o bo desenvolvemento de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Restos de ladrillos, madeiras, masa e outros materiais similares que quedan da realización dunha obra ou dunha construción cando se derruba e que ás veces se empregan para encher un buraco ou un desnivel.

    2. Restos de materiais que quedan dunha explotación mineira ou dunha canteira.

    3. Conxunto de sedimentos transportados e depositados por unha corrente de auga.

    4. Peza de pedra que nunha bóveda ou arco fai de clave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Panos ou roupa cos que se envolve un bebé.

    2. Cousa ou conxunto de cousas envoltas con pouco coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cachapiollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. escalladoiro.

    2. Talo ou parte dun vexetal que se enxerta noutro ou que se planta para que prenda de novo.

    3. ariedade de maceira que se cultiva para destinar os froitos á elaboración de sidra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de chumbo posta no extremo dunha corda fina que serve para determinar a profundidade do mar, dun río, etc, nun punto determinado.

    2. Determinación do custo ou valor dun produto con relación aos factores que o integran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao que leva nun dos extremos unha lingüeta de cobre que xira, e que se emprega como regra ou patrón para trazar as liñas e comparar os ángulos baixo os que se deben serrar ou labrar as pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación popular da fase adulta dos insectos da orde dos coleópteros. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ó escaravello os seus fillos parécenlle ouro fino. O que fixer de min escaravello, non farei del espello”.

    2. Amuleto ou selo de pedra ou de pasta vítrea que representa o escaravello fimícola exipcio (Scarabaeus sacer). Entre os exipcios denominábase khepror, e simbolizaba o crecemento e o chegar a ser ou converterse. Destacan, entre outras tipoloxías, os escaravellos de corazón, destinados a substituír esta víscera na momia para asegurar, deste xeito, a axuda no xuízo de ultratumba; os commemoratius, inscritos cun texto moi breve; e os hiksos, de interese histórico por mor da grande escaseza de fontes sobre o segundo período intermedio. Tamén se localizaron en Siria e Palestina. Os fenicios tamén os crearon e os introduciron en Occidente, onde foron adoptados polos cartaxineses.

    3. Neno inquieto que non para de andar dun lugar para outro.

    4. Persoa baixa e de corpo mal feito.

    5. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘nivel’.

    VER O DETALLE DO TERMO