Ellorā

Ellorā

Conxunto de trinta e catro covas escavadas na rocha e con forma de templo situadas no estado de Mahārāshtra, preto de Aurangābād, na India. Dispostas de forma correlativa de S a N, pertenceron ás distintas relixións da India: doce son budistas (200 a C-600 d C), dezasete hindús (600-900) e cinco xainís (800-1000). Nelas destacan as súas esculturas realizadas por artistas procedentes de Ajanta. Cómpre salientar o templo monolítico de Kailāsha escavado nunha soa rocha. A UNESCO declarounas Patrimonio da Humanidade en 1983.