Ellis, Henry Havelock
Psicólogo inglés. Doutorouse en Medicina en 1889, pero coñécese sobre todo por ser o pioneiro do estudo científico do sexo. Colaborou con John Addington Symonds nun libro sobre inversión sexual. H. H. Ellis recoñecía dúas condicións sexuais: inversión completa (homosexualidade exclusiva) e hermafroditismo psicosexual (bisexualidade). O primeiro libro apareceu en alemán Das Konträre Geschlechetsgefühl (Sensación sexual contraria, 1896) e despois publicouse en inglés Sexual Inversion (1897), primeiro libro nesta lingua que trataba a homosexualidade non como unha enfermidade senón como algo innato. Cómpre destacar tamén as súas obras The Criminal (1890), The New Spirit (1890), Man and Woman (1894), Studies in the Psychology of Sex (1897-1910, cun sétimo volume publicado en 1928) que cambiou a actitude occidental xeral cara ao sexo, Affirmations (1898), The World of Dreams (1911), The Dance of Life (1923) e My Life (1939).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Croydon, Surrey -
Deceso
Lugar : Hintlesham, Suffolk