"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Cesare Bonesana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Profesor de Química en Montpellier. Traballou con enzimas e con fermentación vínica e descubriu o ácido arsanílico. Fixo posible a denominada redución de Béchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou como asistente de dirección de Renoir. A súa temática vai dende o policial ata o mundo da moda, pasando polas actividades campesiñas. Dirixiu, entre outras películas, Dernier atout (O último triunfo, 1942), Falbalas (Os volantes, 1944), Casque d’or (Casco de ouro, 1952), obra coa que se consagrou este director, Les aventures d’Arsène Lupin (As aventuras de Arsenio Lupin, 1956), Montparnasse 19 (1957) e Le trou (O buraco, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Iniciou a súa carreira con melodramas e comedias cómicas sen moito éxito. Fixo de crítico teatral e despois, axustándose a un realismo estricto, estreou as súas mellores pezas: Les corbeaux (Os corvos, 1882), teatro naturalista que despois del non arraigou, e La parisienne (A parisina, 1885), escéptica comedia de costumes burgueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gustavo Adolfo Domínguez Bécquer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Valeriano Domínguez Bécquer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do SI de actividade radioactiva (ou nuclear), que equivale a unha desintegración por segundo: 1 Bq = 1 s-1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Sucedeu o seu pai Antoine-César Becquerel na cátedra do Musée d’Histoire Naturelle, onde se dedicou ao estudo da luz. En 1842 fotografou por primeira vez a unidade do espectro solar. A partir de 1857 estudiou a fosforescencia e as radiacións infravermellas. Publicou La lumiére, ses causes et ses effets (A luz, as súas causas e os seus efectos, 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudiou na École Polytechnique. Oficial do exército napoleónico, deixou a carreira e dedicouse á ciencia. Descubriu a piezoelectricidade (1819) e inventou un galvanómetro diferencial e unha balanza electromagnética. É considerado un dos fundadores da electroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, fillo de Alexandre-Edmond Becquerel. Estudiou na École Polytechnique. En 1892 sucedeu o seu pai na cátedra do Musée d’Histoire Naturelle, e en 1895 chegou a profesor da École Polytechnique. Efectuando experimentos con raios X, descubriu a radioactividade natural ao observar que un composto de uranio velaba as placas fotográficas; posteriormente, demostrou que a causa que velaba a placa consistía en tres tipos de radiación: α, β e γ. En 1903 comparte cos Curie o Premio Nobel de Física. Estudiou tamén a polarización e absorción da luz nos cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efecto producido cando unha imaxe obtida por impresión con luz branca nunha emulsión non cromatizada a base de cloruro de prata é reforzada cunha exposición posterior con luz verde, porque ten lugar unha sensibilización pola prata fotolítica formada na primeira exposición.

    2. Aparición dunha corrente eléctrica entre dous electrodos iguais inmersos nun determinado electrolito, cando un deles é iluminado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de uranio hidratado, de fórmula UO3·2H2O. Cristaliza no sistema rómbico en formas tabulares e forma maclas do estilo da aragonita. É de cor laranxa ou marela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Co seu primeiro filme, Diva (1980), conseguiu o recoñecemento dos críticos e do público, unha obra coa que gañou varios César da academia francesa de cine. O seu segundo filme La lune dans le caniveau (A lúa no arroio, 1983), baseado na novela de David Goodis, lonxe de confirmalo como bo director, repercutiu negativamente na súa produción. Dirixiu tamén Roselyne et les lions (Rosalinda e os leóns, 1989) e I P 5 (1993), interpretada por Yves Montand no ano da súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cego’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador francés. Estableceuse en Nancy (1602-1611) ao servizo do duque Carlos de Lorena. Empregou un canon alongado e un debuxo preciosista e sensual tanto nos cadros (San Francisco recibindo os estigmas) como nos debuxos e gravados. A súa elegancia inspírase na obra de Parmigianino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión francesa que designa o período de euforia que precede á Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española do ano 1992, dirixida por Fernando Trueba, con guións de Rafael Azcona e Fernando Trueba. Foi interpretada, entre outros, por Jorge Sanz, Fernando Fernán-Gomez, Maribel Verdú, Penélope Cruz, Ariadna Gil e Miriam Díaz-Aroca. Acadou o Oscar á mellor produción estranxeira dese ano. Comedia ambientada nos comezos da Segunda República. Fernando, un desertor, atopa refuxio nunha gran casa onde vive o vello pintor Manolo coas súas fillas. Fernando deitarase con tres delas e formalizará a relación coa cuarta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca, Aragón, na comarca da Ribagorza (1.219 h [1996]). Situado na cordilleira dos Pireneos, na fronteira con Francia, no termo érguese o macizo da Maladeta, onde está o cumio máis alto da cordilleira pirenaica, o Aneto, de 3.404 m de altitude. O turismo, vinculado ás actividades deportivas na neve (estacións de esquí de Cerler e de Benasque), converteuse na súa principal actividade económica. O Rei Filipe II ordenou en 1592 fortificar o antigo castelo e dotouno de guarnición, logo da fuxida do seu secretario, Antonio Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO