Benasque
Benasque
Municipio da provincia de Huesca, Aragón, na comarca da Ribagorza (1.219 h [1996]). Situado na cordilleira dos Pireneos, na fronteira con Francia, no termo érguese o macizo da Maladeta, onde está o cumio máis alto da cordilleira pirenaica, o Aneto, de 3.404 m de altitude. O turismo, vinculado ás actividades deportivas na neve (estacións de esquí de Cerler e de Benasque), converteuse na súa principal actividade económica. O Rei Filipe II ordenou en 1592 fortificar o antigo castelo e dotouno de guarnición, logo da fuxida do seu secretario, Antonio Pérez.