"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente a Brandenburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Brandenburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado baixo a influencia de Sainte-Beuve, Taine, Stuart Mill e Renan. Chegou a ser un vangardista oposto ao Romanticismo. Destacan as súas biografías sobre grandes persoeiros como Shakespeare, Heine, Ibsen e Goethe, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Arzúa, é de orixe medieval aínda que foi reconstruído no 1554. De planta rectangular, a fachada principal, realizada en cachotería de granito, presenta un sinxelo arco de medio punto e nos seus dous andares ten ventás con montante. No tramo central e nas esquinas consérvanse as ameas, probablemente reutilizadas do antigo torreón medieval. Asentado na cornixa, sobre a porta de ingreso, atópase o escudo coas armas dos Aguiar e dos Mosquera. A capela, que foi restaurada en 1664, alberga un sartego de arcosolio que acolle os restos do fundador do morgado do pazo (1635), Fernán Montero de Mella, e da súa esposa, Inés de Villa e Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Restaurador italiano. En 1939 fundou en Roma o Instituto Centrale del Restauro. Levou a cabo unha teoría sobre a restauración do patrimonio cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de brandir.

    2. En cantidade superior á necesaria.

    3. Que se caracteriza polo esplendor ou pola ostentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Licenciado en Psicoloxía e diplomado en Psicoloxía da Educación imparte clases na Universidade de Vigo. Publicou Fundamentos de Psicología para maestros (1984), Os xogos dos nosos rapaces (1986) e Bilingüismo y lectura en escolares gallego y castellano-parlantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade comunicativa orientada á creación e reforzamento dos valores positivos dunha marca, así como ao seu recordatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Portar na man unha arma, movéndoa en actitude ameazante.

    2. Estar animado por un movemento oscilatorio ou vibratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Uniu as correntes coloristas e luministas co Tenebrismo e combinou a luz natural coa sobrenatural. Deste xeito conseguiu elevar a pintura barroca do seu país ao nivel europeo. Empregou en diversas ocasións os dedos no canto dos pinceis para que a súa pintura tivese máis forza. É autor dos cadros: Morte de san Bieito, Simón e Xesús e Epifanía, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se deforma facilmente ao exercer presión ou que se corta con facilidade.

      1. Referido a cousas inanimadas, que ten ou indica pouca enerxía e vigor.

      2. Aplicado a persoas, que non ten dureza, forza, vontade ou enerxía ou que cede con facilidade ante os desexos ou argumentos dos demais.

    2. Que presenta tenrura e suavidade ao tacto.

    3. En música ou poesía, agradable ao oído.

    4. Tratándose dunha enfermidade, dor que molesta pouco, que non produce gran malestar.

    5. Referido ao paso, que é descansado, lento ou pausado.

    6. Aplicado ás drogas, as que comportan menor adición e son menos prexudiciais para a saúde.

    7. Referido a un mineral, que pode ser riscado con facilidade por outro.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico norteamericano. Formado no célebre Actor’s Studio de Nova York, a súa traxectoria teatral principiou co espectáculo A streetcar named desire (Un tranvía chamado desexo, 1951), presentado en Broadway en 1947, con dirección de Elia Kazan e considerado como unha exemplificación paradigmática do que Lee Strasberg denominaría “o método”, adaptación americana das ensinanzas de Konstantin Stanislavsky. Aínda que a súa reputación lla debe aos seus traballos cinematográficos, á súa sólida formación e capacidades interpretativas teñen unha base teatral. Converteuse nun mito grazas á interpretación de obras de gran espectáculo (cine de autor aparentemente inconformista). Cómpre destacar algúns traballos da súa primeira época: The Men (Os homes, 1950), Viva Zapata (1952), Julius Caesar (Xulio César, 1953), The wild one (Salvaxe, 1953). Outras películas destacadas son: The godfather (O padriño, 1972), Last tango...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixón ou zona do muíño, ao redor da moa, onde vai caendo a fariña ao moer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Candea grande de cera, xeralmente cunha única mecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega oriúnda de Portugal que leva como armas: en campo de azul, tres machetes de ouro ardendo, postos en aspa. Outra variante trae: en campo de azul, tres candeas de ouro, dereitas e postas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. Foi veciño de Santiago de Compostela. En 1562 tomou ao seu cargo a obra do retablo principal da antiga capela Don Lope, na catedral compostelá. Realizou en 1567 o retablo para a igrexa de San Salvador de Taragoña (Rianxo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita e xornalista holandés. O seu nome de familia é Arno Sjoerd Brandsma. Fundou a Unión de Escolas Católicas (1925). Opúxose ao Nazismo. Por este motivo estivo no campo de concentración de Dachau, onde morreu a causa dunha inxección letal. Foi beatificado por Xoán Pablo II en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo inglés. A súa especialidade foron os retratos e os corpos espidos vigorosos, cun certo halo místico. Publicou o libro Perspectives of nudes (Perspectivas de nus, 1961), no que se daba a coñecer como mestre da cámara perspectivística. Editou tamén, xunto con P. Turner, Early photographs: 1930-1942 (Primeiras fotografías: 1930-1942, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO