"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político romanés. Tomou parte no movemento nacionalista de 1848. Xefe do partido liberal, participou no recoñecemento da independencia de Romanía (1878). No 1881 participou no derrocamento do goberno, formando parte dun goberno autoritario. Retirouse no 1888 presionado pola oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político romanés. Fillo de Ion Brătianu. Xefe do partido liberal nacional en 1909, foi cinco veces presidente do consello. Decidiu a intervención do país na Primeira Guerra Mundial de parte dos aliados, e participou no Congreso da Paz de París. No 1919, en desacordo polo tratado de paz asinado con Austria-Hungría, dimitiu. Volveu á presidencia do consello entre 1922 e 1926, dende onde levou a cabo unha política baseada no statu quo da Pequena Entente, e contraria ao futuro monarca Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta polaco. Destacou como membro activo da resistencia nacional contra os nazis. As súas novelas tratan estes problemas; entre elas destacan Slad (A pegada, 1946) e Ile jest zycia (Canta vida queda, 1971). A súa obra máis importante é Kolumbowie-rocznik 20 (Os colonos do ano 20, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Profesor do Collège de France (1949), foi director da revista Annales, Sociétés, Économies, Civilisations (1946) e presidente da VI Sección de la École Pratique des Hautes Études ata 1972. Fundou nos anos sesenta a Maison des Sciences de l’Homme e dirixiuna ata 1985. En 1983 foi nomeado membro da Academie Française. Entre as súas obras cómpre salientar La Méditerranée et le monde méditerranéen à l’ époque de Philippe II (O Mediterráneo e o mundo mediterráneo na época de Filipe II, 1949 e 1973), Civilisation matérielle et capitalisme, XV-XVIII siècles (Civilización material e capitalismo, 1967, 1977 e 1983) e La Méditerranée (O Mediterráneo, 1949). Os seus artigos foron recollidos en La Historia y las ciencias sociales (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Zaragoza (631-651) e escritor. Colaborou con Isidoro de Sevilla na redacción das Etimologiae (Etimoloxías, 637). A súa festa celébrase o 26 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Profesor de botánica nas universidades de Friburgo, Giessen e Berlín. Moi influído polas concepcións idealistas da filosofía alemá do seu tempo, escribiu obras teóricas sobre as relacións do individuo coa súa especie e coa sucesión das xeracións. En 1864 estableceu por primeira vez un sistema botánico que tiña relacións filoxenéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Profesor nas universidades de Marburgo, Estrasburgo, Karlsruhe e Tübingen. Describiu as propiedades rectificadoras de certos cristais binarios e aplicounas á detección das ondas de radio. Inventou un tipo de tubo de raios catódicos. En 1909 recibiu, xunto con Marconi, o Premio Nobel de Física polos seus inventos relacionados coa radio e a telegrafía sen fíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro alemán. Foi unha das figuras máis destacadas da segunda xeración de vangardistas da astronáutica. Graduado en 1932 en enxeñería no Instituto de Tecnoloxía de Berlín, especializouse na tecnoloxía dos foguetes e estudiou os motores foguete de propulsión líquida. Foi nomeado xefe da estación experimental de Kummersdorf polo goberno nazi. Dende 1937 ata 1945 foi director técnico do centro experimental de foguetes de Peenemünde (Mar Báltico), de onde xurdiu a V-2 (1944), primeiro foguete balístico de longo alcance. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi traballar aos EE UU. A partir de 1950 creou en Huntsville (Alabama) os foguetes Redstone, Jupiter-C, Jupiter, Juno e Pershing. En 1955 converteuse en cidadán dos EE UU. En 1958 puxo en órbita o Explorer I, mediante un foguete Jupiter-C. Desenvolveu os foguetes da serie Saturn, xa na NASA, onde foi director adxunto no período 1970-1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeobotánico suízo. Autodidacta e fundador da chamada escola sigmatista ou de Zúric-Montpellier, mantivo boas relacións cos principais botánicos suízos da época. Despois duns anos de docencia e de investigación en Zúric, en 1926 estableceuse definitivamente en Montpellier, onde fundou a Station Internationale de Géobotanique Méditerranéenne et Alpine (SIGMA) en 1930. Foi un dos centros mundiais máis vangardistas no estudo da vexetación. Elaborou un método de estudo das comunidades vexetais (na actualidade é un clásico e aplícase nunha gran parte do mundo) e unha ampla síntese de vexetación europea e mediterránea. É autor de Pflanzensoziologie (Socioloxía dos vexetais, 1928), La végétation alpine des Pyrénées orientales (A vexetación alpina dos Pireneos orientais, 1948), Les groupements végétaux de la France méditerranéenne (Os agrupamentos vexetais da Francia mediterránea, 1952) e Les groupements végétaux du bassin moyen de l’ Ebre et leur dynamisme, en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. A comezos da década dos setenta iniciou a súa actividade participando nos espectáculos do Grupo Cope. Logo colaborou con Máscara 17 en O xeneraliño (1979) e na apertura da Sala Carral. Coa Compañía Teatro Keyzán participou nos espectáculos Farsas (1974), A raposa e as uvas (1985) e Loucura de humor (1986). En 1991 formou parte do elenco do espectáculo Así é, se vos parece, producido e realizado polo Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Comezou os seus estudios musicais na súa cidade natal para logo ingresar no Conservatorio de Madrid (1940) e tocar na banda de música de Aviación. En 1945 gañou por oposición a praza de profesor de harmonía no conservatorio madrileño. Dez anos máis tarde dirixiu a coral da Estrada e gañou o I Premio no Festival de Coros Rexionais de Ourense. Dende 1964 a 1967 foi o titular dos Coros Rosalía de Castro de Madrid. Compuxo as pezas: Espranza e Sorriso, para voz e piano, Miniatura romántica e Canto al vegetarismo. Recibiu o Premio Montes de Composición en Pontevedra (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Abandonou os estudios de teoloxía polos de dereito. Entre 1833 e 1835 foi fiscal da Audiencia de Cáceres. En 1835 creou o Boletín de jurisprudencia. Afiliado ao partido moderado, foi deputado no 1837. Participou en moitos dos gobernos de Narváez, foi ministro de Gracia e Xustiza no 1847 e de Comercio, Instrución e Obras Públicas entre 1847 e 1849, e en 1849 de Finanzas, cargo dende o que intentou nivelar os orzamentos e ordenar a débeda pública. En 1851 presidiu o consello de ministros. Negociou o concordato coa Santa Sé no 1853. En 1852 tentou impoñer unha nova Constitución de orde ultraconservadora, o que motivou a súa saída do goberno. Foi presidente do Congreso en 1858 e senador a partir de 1863.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Emigrado a Bolivia concibiu o proxecto de unir este país co Atlántico, utilizando a corrente do Amazonas. Con este obxecto constituíu unha Compañía que sería a encargada de construír o porto sobre o río Grande ou Marmoré, a canalización deste río, a apertura de varios ferrocarrís, etc. Coa chegada da Guerra do Pacífico, pola que Bolivia perdeu todo o litoral do Pacífico, malogrouse o proxecto. Ademais destas actividades é autor da obra Colección de documentos relativos a la expulsión de los jesuitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rexedor de Segovia e un dos líderes do exército comuneiro, composto pola milicia urbana, os labregos e a pequena nobreza que se alzou contra Carlos V. En 1521 reuniuse en Valladolid con Padilla e Maldonado, e o 23 de abril de 1521 foron derrotados e capturados polo exército real en Villalar. Foi executado sen agardar a decisión do emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Licenciada en Filosofía e Letras, doutorouse co traballo La mujer vestida de hombre en el teatro español del siglo de Oro (1976). Destacou como tradutora de obras do romanticismo alemán e como autora de biografías: Biografía de don Juan Valera (1959), Vida de Bettina Brentano (1957), Galdós visto por si mismo (1970) e Una vida romántica: Avellaneda (1968). No eido da literatura infantil publicou: Historia de la literatura infantil española (1959), Una, dola, tola, catola: el libro del folklore infantil (1977), Adivina, adivinanza: folklore infantil (1978), Colección de libros infantiles antiguos (1979) e Historia y antología de la literatura infantil universal (1988). Recibiu en 1980 o Premio Nacional de Literatura Infantil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, actor, locutor de radio e guionista. Como poeta, vinculado á Xeración poética dos 80, participou nos volumes De amor e desamor I (1984), De amor e desamor II (1985) e Igor de Albatros en Selene (1985); publicou os poemarios Banquete (1990), Entre ruinas (1996), Poemas obxeto e visuais (1999), O sangue dos árabes (1999) ou A caricia da serpe (1999). Escribiu a peza de prosa teatral A promesa (1991); A actriz (1993), coa que gañou o XII Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega e o diálogo O amargo camiño de Walter do Outono, incluído no volume colectivo O camiño das estrelas (1993). Como actor participou en diversos espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993), Nin me abandonarás nunca (1995), Hostia (1996), Como en Irlanda (1996), Lisístrata (1997), O Bufón de El-Rei (1997) ou Memoria de Antígona (1998)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña. É secretario das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e pertence aos consellos de redacción das revistas O Ensino, Cadernos do Povo e Nós, onde publicou artigos sobre literatura e sociolingüística. Investigador da literatura medieval galego-portuguesa, especializouse nos xéneros menores. Publicou dúas edicións anotadas de Queixumes dos Pinos e de Cantares Gallegos, de Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, respectivamente, e os poemarios Livro do caminho (1989), e O País dos Nevoeiros (1995). Xunto con Roberto Cordovani e Iolanda Aldrei, escribiu a peza teatral Eva Perón (1994), Premio Compostela de Teatro en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo fundado en 1961 en Nova York por Peter Schumann. Desde os seus inicios o grupo adoptou unha posición fondamente crítica fronte a unha sociedade dominada pola guerra, o consumismo e a perda de identidade. Os seus espectáculos, realizados en rúas e parques, construíanse a partir de grandes monecos que lembraban a iconografía relixiosa, coa capacidade suxestiva das imaxes que estes provocaban e coa renuncia á narratividade. Entre as súas propostas, sempre provocadoras e heterodoxas, hai que sinalar A Man Says Goodbye to his Mother (Un home di adeus a súa nai, 1968), The Cry of the People for Meat (O berro da xente pola carne, 1969) ou The Domestic Resurrection Circus (O circo da resurreción doméstica, 1970). A principios da década dos setenta o grupo disolveuse inda que parte dos seus integrantes volveron reunirse para realizar funcións ou propostas concretas como a Anti-Bicentennial (1975), espectáculo presentado na Universidade de California que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baile que triunfou na década dos oitenta, caracterizado por movementos robóticos e ximnásticos, e por empregar unha vestimenta deportiva e con cores rechamantes. Está intimamente ligado á cultura das rúas e á técnica dos graffiti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1961 e dirixida por Blake Edwards. Adaptación da novela de Truman Capote, estivo interpretada por Audrey Hepburn, George Peppard, Mickey Rooney e Patricia Neal. En Nova York coñécense dúas persoas infelices e insatisfeitas coa súa existencia: unha fráxil rapaza que vive dos homes, mentres agarda un futuro mellor, e un escritor fracasado, mantido pola súa madura amante. Xuntos tentan atopar un pouco de felicidade que os redima da sordidez que os rodea.

    VER O DETALLE DO TERMO