"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta nástica provocada por un estímulo de contacto. Son correntes nas plantas insectívoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
BIOL Aplícase aos animais que collen o alimento coas patas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao haptotropismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo onde o factor estimulante é o contacto cun corpo sólido. É característico dos gabiáns que, cando tocan un sólido, se achegan a el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canuto III de Dinamarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aluminosilicato hidratado de bario, de fórmula BaAl2Si6.O16·6H2O. Pertence ao grupo das ceolitas. Cristaliza no sistema monoclínico ou romboédrico, é incoloro, branco, rosa, gris ou verdoso. Ten dureza 4,5 e peso específico 2,41-2,47.
-
PERSOEIRO
Inventor sueco. Desenvolveu unha cámara fotográfica que despois foi comercializada e apareceu en 1948 como a primeira cámara réflex de lentes intercambiables e de película con carrete. As cámaras de Hasselblad empregounas a NASA para fotografar a Lúa por vez primeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano sucionador propio de certas plantas parasitas que é capaz de absorber substancias nutricionais de hóspedes. Existen haustorios que penetran nos tecidos da planta hospedante e outros que se constitúen por un disco adhesivo do que parten unha serie de pequenas raíces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos condutos situados no centro da substancia fundamental do tecido óseo, que se dispoñen ao seu redor en forma de láminas concéntricas. Cada conduto contén un vaso sanguíneo, unha fibra nerviosa e medula ósea. O conxunto dos condutos e das láminas óseas concéntricas denomínase sistema de Havers, descrito polo médico anatomista inglés Clopton Havers (1655-1702).
-
-
Rama da toponimia que ten por obxecto de estudo os haxiotopónimos.
-
Conxunto de haxiotopónimos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Topónimo baseado no nome dun santo.
-
PERSOEIRO
Político peruano. Exiliado en México (1923-1930 e 1954-1956), fundou a Alianza Popular Revolucionaria Americana (APRA) en 1924. Un golpe de estado militar impediulle ocupar a presidencia que gañara nas eleccións de 1962. Coa vitoria do APRA nas eleccións de 1978 converteuse en presidente da Asemblea Constituínte. Escribiu Por la emancipación de la América Latina (1927) e Treinta años de aprismo (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia autónoma de Rusia (36.000 km2; 201.100 h [estim 1999]). A súa capital é Birobidžan (83.667 h [1995]). As fragas cobren máis dun terzo do seu territorio. O clima é monzónico e o río máis importante é o Amur. Posúe minas de estaño e fabrica maquinaria agrícola e materiais para a construción.
-
PERSOEIRO
Historiador e xeógrafo grego. Discípulo de Anaximandro, foi autor dun tratado de xenealoxías míticas, no que fixo unha interpretación racionalista dos mitos, tradicións e crenzas gregas, e do Περίοδος γ ῆ ς ou Περι ή γησις (‘Periexesis’ ou ‘Viaxe ao redor do mundo’) no que se describe a Terra como un disco rodeado polo océano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sacrificio de cen bois ou de cen víctimas na antiga Grecia.
-
Catástrofe na que morren moitas persoas.
-
Suceso ou acontecemento de graves consecuencias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
hect(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo modificado ou tentáculo dos machos dos cefalópodos, adaptado para transferir os espermatozoides, pechados nun espermatóforo, á cavidade paleal da femia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de reprodución de documentos no que o orixinal, mecanografado cunha tinta especial ou en papel carbón, é comprimido sobre unha capa de xelatina que pode servir de modelo para un certo número de copias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de masa que equivale a cen gramos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de volume que equivale a cen litros.