haustorio
haustorio
(< lat haurire ‘extraer’)
s
m
[BOT]
Órgano sucionador propio de certas plantas parasitas que é capaz de absorber substancias nutricionais de hóspedes. Existen haustorios que penetran nos tecidos da planta hospedante e outros que se constitúen por un disco adhesivo do que parten unha serie de pequenas raíces.