"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

    1. Relativo ou pertencente a Sabina ou aos sabinos.

    2. Individuo do pobo sabino.

    3. Pobo antigo de Italia central que, na época histórica, habitaba o territorio comprendido entre o Tíber, o Nera e a Aniene coas cidades de Reati (Rieti), Nursia (Norcia), Amiternum (preto de L’Aquila) e outras. Semella que ten a mesma orixe ca o pobo samnita. Vinculado coas orixes lendarias de Roma, a partir do ano 295 a C foi anexionado á urbe e obtivo a cidadanía romana. Crese que a súa lingua tivo unha influencia notable sobre o latín.

    4. Dialecto do grupo sabélico que se falaba entre o Tíber e os Apeninos e que rapidamente foi absorbido polo latín. Só se coñece a través de glosas.

    5. Episodio lendario de Roma. Necesitada de ter habitantes, a cidade de Roma organizou uns xogos en honor do deus Neptuno Ecuestre aos que invitaron aos pobos veciños. No seu transcurso os mozos romanos apoderáronse das mulleres sabinas para contraer matrimonio. Isto provocou un enfrontamento cos sabinos que rematou nunha alianza pola que estes podían habitar en Roma xunto cos romanos aínda que conservaban o seu rei e o seu senado. O tema foi representado, entre outros pintores, por P. P. Rubens, N. Poussin, G. Tiépolo e J. L. David.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista brasileiro. Cronista da vida urbana, analizou as súas contradicións con sutil humor. Da súa produción destaca Encontro marcado (1956), de contido en parte autobiográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, irmán maior de Vespasiano. Foi legado de Mesia (49-56) e prefecto de Roma baixo Nerón e Marco Salvio Odón. Vitelio deulle o poder (69), mais matárono os seus soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto romano. Discípulo de Ateio Capitón, deu o seu nome á escola fundada polo seu mestre, a escola sabiniana. Sistematizou o antigo dereito romano en Libri tres iuris civilis, e escribiu tamén Libri memorabilium e Commentarii de indigenis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi bispo de Asís e cortáronlle as mans e despois lapidárono. Na súa iconografía represéntase coas mans apuntadas a carón de imaxes esnaquizadas de ídolos. A súa festividade celébrase o 11 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Sabinus, cognome romano derivado dun nome étnico, que fai referencia a un antigo pobo itálico ao que os primeiros habitantes de Roma convidaron a unha festa para despois secuestrar as fillas e esposas, no coñecido rapto das sabinas. Tamén era o sobrenome de Popea, a muller de Nerón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira situada no centro da península italiana que constitúe o sector occidental dos Apeninos dos Abruzos. Atópase entre o Turano, afluente do Velino, e o Tíber.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten moitos coñecementos nunha materia ou en xeral.

      1. Que contén ou amosa moita sabedoría.

      2. Que foi feito por alguén que posúe coñecementos nesa materia.

    2. Que ou quen actúa con prudencia e mesura.

    3. Nome dado a Salomón, considerado o autor dos libros sapienciais. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    4. Grupo de sete eruditos gregos do s VII a C, tamén coñecidos como a pléiade. Segundo a tradición estaba composto por Bías de Priene, Cleóbulo de Lindos, Periandro de Corinto, Pitaco de Mitilene, Quilón de Esparta, Solón de Atenas e Tales de Mileto. Esta tradición foi popularizada na época helenística por Demetrio de Faleron, que publicou as súas máximas ou apotegmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao NO de Úbeda e delimitando ao N polo río Guadalimar (4.171 h [2001]). É un termo turístico rodeado polos picos Mayayo, Pico, Riblanca e Valde Infierno. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas árabes, o típico barrio de Albaicín, a fortaleza árabe restaurada no s XVI e a igrexa de San Pablo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de pidgin que empregaban os comerciantes que navegaban polo Mediterráneo para comunicarse. Falouse durante a Idade Media e perviviu ata principios do s XX. Baseábase principalmente nas linguas románicas (italiano, portugués, castelán, francés, etc), aínda que tamén contiña elementos do grego, árabe ou turco, por exemplo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1150-1194, fillo e sucesor de García VI e de Margarida. Os seus conflitos con Aragón e Castela iniciáronse a raíz do Tratado de Tudellén (1151), no cal Ramón Berenguer IV e Afonso VII de Castela acordaron repartirse o reino navarro. Xestionou o matrimonio da súa irmá Branca co infante castelán Sancho (futuro Sancho III) e asinou a paz con Castela (Soria 1153), pero os conflitos fronteirizos continuaron e os casteláns obtiveron La Rioja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Afonso XIII en 1924 a Alfredo Moreno e Osorio, Moscoso de Altamira e Chacón . Sucedeuno o seu fillo José Moreno Torres , II conde de Santa Marta de Babío (?-Madrid 1983), alcalde de Madrid (1946-1952), sucedido polo seu fillo Rafael Moreno Benjumea . Trae por armas as de Moreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Šem ob ben I ṣḥ aq ibn Ardutiel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia conxelada en forma de grans, transparentes ou translúcidos, de 2 a 5 mm de diámetro, que procede da condensación do vapor de auga atmosférico. Cando hai tempestades fórmanse cumulonimbos no seu cume, que están a temperaturas por baixo de 0°C, orixinándose capas de xeo (os falsos cirros); a conxelación rápida da auga forma os grans de sarabia de maior ou menor tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Enrique e Xosé Sarabia González. Participou na Guerra de Cuba (1898) e ao seu regreso a Vigo (1907) iniciuse na fotografía de man do seu cuñado Xosé Gil Gil. En 1909 creou, xunto co seu irmán Enrique, un laboratorio de fotografía e adicouse principalmente á fotografía de exteriores. Desde a década de 1920 asinaron as fotografías co selo “Foto Sarabia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Constantino e Xosé Sarabia González. Traballou co seu irmán Constantino en Vigo, no laboratorio e encargouse fundamentalmente da parte de fotografía de estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, irmán de Constantino e Enrique Sarabia González. Ao seu regreso da Guerra de Cuba (1898) asentouse en Vigo onde traballou, ata a súa morte, no estudo fotográfico do seu cuñado Xosé Gil Gil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección fotográfica composta por imaxes dos irmáns Constantino, Enrique e Xosé Sarabia, que se instalaron en Vigo na década de 1910, á sombra do estudo de Xosé Gil, con quen aprenderon a arte fotográfica. Constantino dedicouse á fotografía exterior, mentres Enrique facía a de estudio. Os seus traballos documentaron desde momentos da historia de Vigo ata actos sociais. Outras imaxes foron encargos comerciais, como as series fotográficas da industria conserveira ou a das obras no porto de Vigo. Publicaron as súas imaxes en Vida Gallega, Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego, e ilustraron diferentes libros, como Pontevedra y su provincia (1921) e Libro de Oro de la Provincia de Pontevedra (1931). Tras a morte do último irmán, Constantino, boa parte do arquivo desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO