"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

      1. Que pode ser apreciado.

      2. Que é o bastante considerable para ser tido en conta.

    1. Que merece aprecio ou estima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de apreciar.

    2. Puntualización ou parecer que unha persoa mostra sobre algunha cousa.

    3. Aumento do valor de cotización dunha moeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coñecer algo a través dos sentidos ou da intelixencia dun xeito aproximado ou exacto.

    2. Recoñecer o valor ou o mérito dalgunha cousa ou persoa.

    3. Sentir estima por alguén.

    4. Aumentar o valor ou o prezo de algo, en xeral, dunha unidade monetaria.

    5. Incrementarse o valor ou o prezo, polo xeral da moeda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa unha apreciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estima ou consideración afectuosa que se ten por unha persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol, baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atrapar algo ou a alguén que se está a perseguir.

    2. Captar algo a través dos sentidos ou da intelixencia.

    3. Na escolástica, coñecer dun xeito inmediato, considerando este coñecemento como a acción do suxeito cognoscente sobre o obxecto.

    4. Coñecer algo de forma simple e inmediata. Constitúe a primeira fase da comprensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser aprehendido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aprehender.

    2. Prevención contra algo ou alguén do que se espera algún dano, prexuízo, molestia etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sente temor ante un posible dano ou molestia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agarrar con forza a unha persoa ou cousa.

    2. Estreitar entre os brazos.

    3. Suxeitarse con forza a algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de apreixar ou apreixarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Taco cravado pola parte de abaixo da cheda do carro que permite atar un adival.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instar a alguén para que execute algunha cousa con celeridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedais que forman parte do tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde xudicial ou gobernativa que obriga ao cumprimento inmediato dunha disposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adquirir o coñecemento dalgunha cousa co estudio, a atención, a experiencia ou a práctica.

    2. Comunicar o coñecemento dalgunha cousa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que aprende algún oficio. Trátase normalmente dun menor de idade que traballa para un empresario, a cambio de que este ou un representante capacitado lle ensine un oficio ou un traballo industrial.

    2. Persoa que ten pouca experiencia nunha materia.

    3. Mozo que traballaba para aprender un oficio baixo da tutela dun mestre co que convivía durante un tempo variable segundo a idade e a capacidade do aspirante. O patrón proporcionáballe alimento e vestido e, nalgúns casos, un pequeno salario. Inscrito no gremio correspondente, unha vez rematado o contrato de aprendizaxe, non cotizaba nin tiña dereito a voto, nin podía cambiar de amo máis de tres veces. Acompañado do mestre, era examinado polos homes do gremio, ante os que debía realizar un traballo propio do oficio, a chamada “obra mestra”. Superada a proba, era inscrito na categoría de mancebo ou oficial.

    4. Primeiro dos tres graos básicos da francmasonería.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de aprender.

      2. aprendizaxe multimedia /

        Proceso no que se adquiren coñecementos empregando aplicacións informáticas nas que se combina texto escrito, son e imaxes previamente dixitalizados, coma nos CD-ROM educativos ou a través do teleensino.

      3. Proceso que implica un cambio real ou potencial do comportamento relativamente persistente, que é debido á interación suxeito-medio e que se fai posible por medio da actividade e/ou da observación do suxeito. Para que unha persoa poida aprender é preciso que o seu organismo acadase o correspondente nivel de desenvolvemento. Por medio da aprendizaxe clásica, formulada por I. P. Pavlov, o suxeito chega a comportarse ante un novo estímulo do mesmo xeito que ante un xa coñecido. A aprendizaxe operante, definida por B. F. Skinner, consiste en adquirir unha conduta que lle serve ao suxeito para chegar a satisfacer unha determinada necesidade. A psicoloxía guestaltista entende como algo que se produce de súpeto e asociado sempre a unha sensación que implica comprensión; só se o problema é moi difícil, cómpre recorrer ao ensaio e ao erro. O construtivismo, representado por J. Piaget e H. Wallon sostén que a aprendizaxe permite a formación das estruturas do coñecemento da persoa...

    1. Período durante o que se aprende un oficio ou unha profesión. Coa introdución da organización científica do traballo e a súa división, a formación profesional pretende acadar rendemento e rapidez na execución das operacións. A aprendizaxe pode perseguir a especialización do aprendiz ou unha formación global. A evolución técnica modificou profundamente a estrutura profesional e aumentou a mobilidade dos traballadores. A aprendizaxe adquiriu unha nova dimensión a través da readaptación profesional. Está, deste xeito, estreitamente relacionada coa orientación profesional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de apresar.

    VER O DETALLE DO TERMO