aprendizaxe

aprendizaxe

(

    1. s f

      Acción de aprender.

      Ex: Para a aprendizaxe como profesor precisas dun curso de capacitación.

    2. aprendizaxe multimedia / [PEDAG/INFORM]

      Proceso no que se adquiren coñecementos empregando aplicacións informáticas nas que se combina texto escrito, son e imaxes previamente dixitalizados, coma nos CD-ROM educativos ou a través do teleensino.

    3. s f [PSIC/PEDAG]

      Proceso que implica un cambio real ou potencial do comportamento relativamente persistente, que é debido á interación suxeito-medio e que se fai posible por medio da actividade e/ou da observación do suxeito. Para que unha persoa poida aprender é preciso que o seu organismo acadase o correspondente nivel de desenvolvemento. Por medio da aprendizaxe clásica, formulada por I. P. Pavlov, o suxeito chega a comportarse ante un novo estímulo do mesmo xeito que ante un xa coñecido. A aprendizaxe operante, definida por B. F. Skinner, consiste en adquirir unha conduta que lle serve ao suxeito para chegar a satisfacer unha determinada necesidade. A psicoloxía guestaltista entende como algo que se produce de súpeto e asociado sempre a unha sensación que implica comprensión; só se o problema é moi difícil, cómpre recorrer ao ensaio e ao erro. O construtivismo, representado por J. Piaget e H. Wallon sostén que a aprendizaxe permite a formación das estruturas do coñecemento da persoa por medio de construcións sucesivas de complexidade e integración crecente. O proceso de aprendizaxe humana consiste na interacción do suxeito co medio. As posteriores tendencias sobre a aprendizaxe baséanse no modelo de procesamento da información, as contribucións da cibernética e a teoría xeral de sistemas.

  1. s f [SOCIOL]

    Período durante o que se aprende un oficio ou unha profesión. Coa introdución da organización científica do traballo e a súa división, a formación profesional pretende acadar rendemento e rapidez na execución das operacións. A aprendizaxe pode perseguir a especialización do aprendiz ou unha formación global. A evolución técnica modificou profundamente a estrutura profesional e aumentou a mobilidade dos traballadores. A aprendizaxe adquiriu unha nova dimensión a través da readaptación profesional. Está, deste xeito, estreitamente relacionada coa orientación profesional.

Palabras veciñas

apremedeiras | aprender | aprendiz -za | aprendizaxe | apresamento | apresar | apreso -sa