"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Arte de adiviñación a través das figuras que forman as gotas de cera derretida, que se botan na auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e canteiro. Coñecido polo nome de Pepe da Pena, traballou na restauración da escaleira de caracol do convento de San Domingos en Santiago de Compostela. Realizou o cruceiro de Hío, onde relatou a historia humana desde a Creación ata a Redención, nun estilo cheo de barroquismo, teatralidade e ordenado movemento. Traballou tamén noutras igrexas de Cangas, Cotobade, Beariz e Viascón, e na capela do pazo de Montero Ríos en Lourizán (Pontevedra). Realizou ademais a fonte da Fama (Ponteareas) e a de Santiago (Cangas). As súas obras correspóndense con numerosos retablos, cruceiros e panteóns de Pontedeume, Gataxe e O Carballiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Asia menor que se corresponde coa actual Kayseri. Núcleo da cultura capadocia, desenvolvida no II milenio a C, converteuse en capital da Capadocia romana. O Emperador Tiberio concedeulle o nome de Cesarea en honor de Augusto. Saqueada polo Emperador sasánida Sānpūr I no s III d C, durante a centuria seguinte foi un dos principais centros cristiáns. Os turcos selxúcidas conquistárona no 1070.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido socialdemócrata checo, o máis antigo da República, pertencente á Internacional Socialista. Fundouse en 1878, cando o territorio checo formaba parte do Imperio Austro-Húngaro. Dende 1918 tivo representantes no goberno ata 1938. Co réxime comunista de 1948 foi obrigado a fusionarse co Partido Comunista, o que determinou o exilio de moitos dos seus membros. O restablecemento do CSSD produciuse en 1989 coa Revolución de Veludo. Durante a década dos noventa acadou progresivamente máis representación ata que en 1998, co 32,3% dos votos, puido formar un goberno minoritario no país. Os seus principais obxectivos foron acadar unha estabilidade económica que permitira cumprir os límites de converxencia económica coa Unión Europea, conseguir unha afluencia de capital estranxeiro, desenvolver medidas de política social, reformar o sistema bancario e exhibir unha campaña de “mans limpas”. O desgaste do goberno de Milos Zeman fixo que o partido comezase a perder apoios, como sucedeu nas eleccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina norteamericana. Debutou en 1937 co Mordkin Ballet e en 1939 fundou, xunto con Richard Pleasant, a compañía Ballet Theater que dirixiu dende 1941 ata 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Antiga república autónoma da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), URSS, situada ao N do Cáucaso. Constituída en 1936, disolveuse por orde de Stalin en 1944, cando os seus habitantes foron acusados polas autoridades soviéticas de colaboración co nazismo, e restableceuse en 1957, trala rehabilitación promovida por Khruščov. Despois da disolución da URSS en 1991, Chechenia proclamou a súa independencia, polo que os inguxos solicitaron a creación dunha república federal separada da dos chechenos, aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bebedeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo Central de Intelixencia dos EE UU, centro de espionaxe e contraespionaxe do goberno dos EE UU creado no 1947 pola lei de Seguridade Nacional e dependente do Consello de Seguridade Nacional, aínda que os seus responsables teñen contacto directo coa Casa Branca. Mobiliza uns 200.000 homes, repartidos entre as embaixadas de todo o mundo, e o seu centro estableceuse en Langley (Virginia). Naceu a consecuencia da Guerra Fría e co obxectivo principal de frear o avance do socialismo mundial. Realiza, basicamente, catro tipos de accións: espionaxe no exterior, contraespionaxe, acción psicolóxica e accións clandestinas para influír nos acontecementos mundiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Congrés Internationaux d’Architecture Moderne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e clavecinista italiano. Estudiou en Nápoles, onde estreou varias óperas (La Beatrice e Artaserse) e, posteriormente, ensinou no Ospedale degli Incurabili de Venecia. Da súa produción operística destacan Bertoldo in corte e Antígona. Compuxo numerosas pezas instrumentais, sobre todo sonatas trío e concertos, oratorios e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Azul verdoso, cor substractiva complementaria do maxenta. Absorbe esta cor pero reflicte o resto do espectro de luz branca. É unha das tres cores básicas empregadas na síntese abstractiva tricroma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘azul escuro’. Ex: cianobacteria, cianose.

    2. Forma prefixada que se emprega para indicar a presenza dun grupo -CºN nunha molécula.

    3. Forma prefixada que se emprega para indicar a presencia do anión cianuro nun complexo metálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Cristais obtidos industrialmente por carbonatación da cianamida de calcio segundo as ecuacións:

    FORMULA

    Son importantes, comercialmente, os seus sales de sodio e de calcio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal do ácido ciánico obtido por oxidación dos cianuros con algúns óxidos metálicos.

    2. Anión derivado do ácido ciánico, de fórmula NCO - , presente nos cianatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cianobacteria endosimbiótica que carece de parede celular; no seu lugar aparecen dúas membranas plasmáticas que pertencen á cianela e outras dúas que proceden do antigo vacúolo dixestivo. É frecuente nas células dalgunhas clorofíceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ácido cianhídrico.

    2. Líquido volátil altamente tóxico, con olor a améndoa amarga, obtido industrialmente por oxidación dunha mestura de amoníaco e metano (proceso Andrussow): CH 4 +NH 3 →HCN+3H 2 . Emprégase en forma de gas comprimido na eliminación de roedores e insectos e para obter acrilatos, adiponitrilos, cianuros, colorantes, gomas, plásticos e gases de guerra. Tamén se emprega coma fumigante na desinsectación de sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto orgánico que contén un grupo ciano e un grupo hidroxilo. Obtense por adición de ácido cianhídrico ao dobre enlace dos aldehidos ou das cetonas; o mecanismo da reacción interprétase como un ataque nucleofílico sobre un átomo de carbono polarizado positivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. De cor azul escura.

    2. Que contén cianóxeno.

    3. Líquido de propiedades ácidas con acción lacrimóxena. Formalmente é o nitrilo do ácido carbónico. Obtense por destilación do ácido cianúrico e os seus isómeros son o ácido isociánico (HN=C=O) e o ácido fulmínico (HO-NºC).

    VER O DETALLE DO TERMO