Chechenos e dos Inguxos, República Socialista Soviética Autónoma dos
Chechenos e dos Inguxos, República Socialista Soviética Autónoma dos
Antiga república autónoma da República Socialista Federativa Soviética Rusa (RSFSR), URSS, situada ao N do Cáucaso. Constituída en 1936, disolveuse por orde de Stalin en 1944, cando os seus habitantes foron acusados polas autoridades soviéticas de colaboración co nazismo, e restableceuse en 1957, trala rehabilitación promovida por Khruščov. Despois da disolución da URSS en 1991, Chechenia proclamou a súa independencia, polo que os inguxos solicitaron a creación dunha república federal separada da dos chechenos, aprobada polo goberno ruso en marzo de 1992, feito que motivou numerosos conflitos para delimitar as fronteiras.