"Icía" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 672.

  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Catoira, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Cervo, Foz, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial de comunicación presidido por Santiago Rey Fernández-Latorre desde 1996. Agrupa seis empresas encabezadas polo xornal La Voz de Galicia, ademais de Radio Voz (1985), con oito emisoras de información xeral; a produtora Voz Audiovisual (1985); Canal Voz (1999), especializada en contidos para Internet; Sondaxe (1991), consultoría que elabora estudos de mercado en Galicia, España e Portugal; e Diario de León, cabeceira líder na súa provincia. Tamén vinculada á corporación figura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre (1997), encargada da conservación do Museo de La Voz e da promoción do programa de educación ambiental Voz Natura e do premio xornalístico Fernández Latorre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir do 4 de xaneiro de 1882. Subtitulado “Diario político y comercial”, os seus fundadores e propietarios foron Xoán Fernández Latorre, Antonio Prieto Puga e Xosé M. Martínez, creadores dunha publicación de ideario progresista, republicano, democrático, librepensador e anticlerical, dirixida inicialmente por X. Fernández Latorre. O 29 de outubro de 1885 disolveuse a sociedade e a propiedade do xornal quedou unicamente en mans de X. Fernández Latorre, quen ese mesmo ano fundou a Biblioteca Gallega, en sociedade con Andrés Martínez Salazar. Nesta colección publicáronse algunhas obras dos máis destacados autores galegos da época. En 1887 asumiu a dirección Xosé Lombardero e cambiouse o subtítulo “Diario ilustrado, político y mercantil” polo de “político e mercantil”. En 1906 comezou a tirarse en linotipia, a primeira de Galicia, e foi perdendo o radicalismo dalgúns dos artigos da primeira época. Tras a morte do fundador, o 14 de marzo de 1912, comezou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade xestora de entidades de capital-risco participada polo IGAPE (70%) e por Ahorro Corporación (30%). O seu obxecto social é a administración e xestión dos fondos de capital-risco EMPRENDE e ADIANTE e dos activos de SODIGA. Financia o desenvolvemento empresarial a través de participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas sen cotización oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao xuízo, á administración de xustiza ou á xudicatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Denominación do poder executivo ou goberno da Comunidade Autónoma de Galicia nacido ao abeiro do modelo de organización territorial de España establecido na Constitución de 1978 e cuxos principios reguladores e directrices básicas se atopan no Estatuto de Autonomía de 1981. Ambos os dous textos conteñen a ordenación dun sistema de goberno de tipo parlamentarista.
    Antecedentes históricos
    Historicamente, pódese atopar a denominación xunta en diversos aconteceres históricos reivindicadores da personalidade propia de Galicia como nacionalidade ou nación, como a Xunta do Reino de Galicia, distintos documentos do nacionalismo galego como o Manifesto da Asamblea Nazonalista de Lugo de 1918, que contemplaba esta institución; ou o antecedente do Estatuto galego de 1936, que establecía un órgano de goberno tamén chamado Xunta de Galicia. No Real Decreto-lei de 16 de marzo de 1978, instituíuse o réxime preautonómico para Galicia. As preautonomías foron unha especie de descentralización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1984. De carácter oficial, foi editada polos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia e incluíu información de cada unha das consellerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta creada para institucionalizar a organización da sanidade en Galicia e coordinar as diferentes Xuntas de Sanidade locais ou provinciais. No s XIX, ante a necesidade de fixar un lazareto que previse a entrada de epidemias como o cólera por vía marítima, apoiou a construción do mesmo na illa de San Simón, que foi inaugurado en 1842.

    VER O DETALLE DO TERMO