"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que pode vivir en augas salobres de clorinidade elevada, próxima á da auga do mar.
-
-
Entrecruzamento entre dous individuos que teñen máis de dous xenes dialélicos non ligados.
-
Segregación mendeliana que se produce no polihibridismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Híbrido que resulta do cruzamento de dúas razas que teñen varios xenes ou caracteres distintos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de diferentes compostos poliméricos, tipo poliamida, que se obteñen por reacción entre dianhídridos e diaminas. Polo xeral, as poliimidas aromáticas presentan unha estabilidade térmica excepcional. Empréganse para o illamento de motores eléctricos e para toda clase de recubrimentos especiais contra altas temperaturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polímero constituído por unións cabeza-cola entre moléculas de isopreno. Desde o punto de vista estereoquímico pode existir en diversas formas; delas, as máis importantes son as estereoespecíficas: cis-1,4-poliisopreno e trans-1,4-poliisopreno. A fórmula cis é o principal constituínte do caucho natural, e pode obterse a partir do isopreno mediante o uso de catalizadores estereoespecíficos de tipo Ziegler-Natta. A forma trans é o principal constituínte da gutapercha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Existencia de máis de dúas mamas na especie humana.
-
-
Relativo ou pertencente aos polimastixinos.
-
Protozoo da orde dos polimastixinos.
-
Orde de protozoos sarcomastigóforos, que presentan catro ou máis flaxelos, orgánulos axiais e unha gran complexidade citoplasmática. Son comensais ou endosimbiontes. Destaca a especie Trichomonas vaginalis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coñecemento ou sabedoría de moitas cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á polimatía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Menorrea ou menstruación anticipada, con aumento do número total de regras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos enzimas dun grupo que catalizan procesos de agregación de moléculas simples en polímeros macromoleculares, tanto glícidos coma prótidos ou ácidos nucleicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de herdanza en que diversos xenes non alelos actúan aditivamente, de xeito que unicamente modifican a intensidade dun carácter.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos polímeros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das reaccións en que unha molécula monomérica se converte nun polímero. Existen dous tipos fundamentais de polimerización: por condensación e por adición. A polimerización por condensación, ou policondensación, ten lugar a través da interacción entre pares de grupos funcionais pertencentes a dúas moléculas diferentes con eliminación dunha molécula pequena, e o polímero formado contén grupos funcionais non presentes nas moléculas do monómero. A polimerización por adición ten lugar mediante a interacción de enlaces múltiples presentes nas moléculas do monómero, e o polímero resultante ten a mesma composición ca o monómero do que procede. Deste tipo son a polimerización vinílica, en que o monómero é un derivado do etileno, a polimerización diénica, en que o monómero é un derivado do 1,3-butadieno, e a polimerización a través de enlaces múltiples entre átomos de elementos distintos. Un terceiro tipo xeral...
-
-
Que presenta polimería.
-
Molécula de elevado peso molecular constituída por unidades estruturais idénticas repetidas e unidas entre si mediante enlaces covalentes. A molécula que constitúe a unidade estrutural básica do polímero coñécese como monómero, e o seu proceso de transformación en polímero recibe o nome de polimerización. Os polímeros poden clasificarse en orgánicos e inorgánicos, segundo conteñan ou non carbono na súa cadea principal. Os orgánicos poden ser naturais ou sintéticos. Dos primeiros destacan os polisacáridos, os polipéptidos e o poliisopreno. No referente aos sintéticos, de acordo coa súa aplicación, adoitan clasificarse en adhesivos, fibras, pinturas, plásticos e elastómeros. Respecto ao tipo de reacción que intervén na súa obtención, adoitan subdividirse en polímeros de adición e polímeros de condensación. De acordo coa forma da cadea principal poden...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster do ácido metacrílico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de metros nunha mesma composición poética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta polimetría.
-
-
Mialxia que afecta a diversos músculos.
-
Trastorno caracterizado por dor, rixidez e impotencia funcional da musculatura da caluga e das cinturas escapular e pélvica.
-