poliisopreno

poliisopreno

(< poli- + isopreno)

Nome científico: [[-CH<sub> 2</sub> -C(CH<sub> 3</sub> )=CH-CH<sub> 2</sub> -]<sub> n</sub> ]
s m [QUÍM]

Polímero constituído por unións cabeza-cola entre moléculas de isopreno. Desde o punto de vista estereoquímico pode existir en diversas formas; delas, as máis importantes son as estereoespecíficas: cis-1,4-poliisopreno e trans-1,4-poliisopreno. A fórmula cis é o principal constituínte do caucho natural, e pode obterse a partir do isopreno mediante o uso de catalizadores estereoespecíficos de tipo Ziegler-Natta. A forma trans é o principal constituínte da gutapercha.

Palabras veciñas

polihibridismo | polihíbrido | poliimida | poliisopreno | polimastia | polimastixino -na | polimatía