"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos signos empregados na escritura ideográfica, que representa directamente unha idea abstracta mediante un obxecto ao cal é facilmente atribuíble (por exemplo, unha frecha para expresar a idea de recto ou xusto).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica do cariotipo.
-
GALICIA
Bibliotecario e arquiveiro. Participou na Guerra Civil Española xunto aos republicanos e, trala derrota, marchou a Suecia e despois a México. Profesor no Colexio de México (1940), traballou tamén nas universidades de California, Illinois e Wisconsin (1941-1948). Publicou, entre outras obras, Cronistas e historiadores de la conquista de México. El ciclo de Hernán Cortés (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Artísticos. Realizou os retratos dos presidentes de diversas asociacións, murais e decorou a sede da ONCE na Coruña. A súa obra atópase, entre outras coleccións, na Real Academia Galega e na Deputación da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona do corpo dos equinodermos que se sitúa entre dúas filas de ambulacros.
-
-
Relativo ou pertencente aos interamnicos.
-
Individuo do pobo prerromano dos interamnicos.
-
Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do convento xurídico Bracarense, mencionado no Itinerario de Antonino. Os estudios máis recentes situaron a súa capital en Baños de Molgas e o seu territorio estenderíase pola conca alta do río Arnoia. Limitaría ao N cos turodos, ao L cos lemavos, ao S cos tamaganos e os equaesos, e ao O cos limicos e os coelernos. Na epigrafía documéntanse varias inscricións nas que aparece mencionado este pobo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se produce entre partes dunha mesma molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está situado na parede dun órgano baleiro ou dunha cavidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se sitúa ou se aplica no interior do músculo.
-
PERSOEIRO
Físico. Discípulo de W. K. Röntgen, foi director do instituto físico-agronómico de San Petersburgo e membro directivo da Academia das Ciencias da URSS. Estudiou as propiedades físicas e eléctricas dos cristais e dos semicondutores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Masa dun ión expresada en gramos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Determinación e rexistro da composición iónica dun humor, especialmente referido ás determinacións plasmáticas, urinarias e globulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa no que se representa unha información a través de isoliñas.
-
PERSOEIRO
Emperador de México (1822-1823) co nome de Agostiño I. Oficial do exército realista, asinou co líder rebelde o Plan de Iguala, que establecía a independencia de México. Asumiu a presidencia do Consello de Rexencia e en 1822 fíxose proclamar emperador, disolvendo o Congreso. A oposición de republicanos e liberais obrigouno a abdicar e exiliarse en Europa, de onde regresou en 1824 e foi fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da Península Ibérica, afluente pola dereita do Tajo. Nace a 2.000 m de altitude no macizo de Somosierra. Atravesa a provincia de Guadalajara (Castela-A Mancha) e Madrid. Desemboca despois de percorrer un curso de 190 km, drenar unha conca de 6.977 km2 e recibir afluentes como o Lozoya, o Henares e o Manzanares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Loita librada durante a Guerra Civil entre o 5 e o 25 de febreiro de 1937, na que se pretendía incomunicar Madrid co resto da zona republicana mediante o corte da estrada de València. A partir do día 12 a contraofensiva republicana logrou deter o avance dos insurxentes e manter o acceso dos víveres. Foi unha batalla de desgaste que ocasionou un gran número de baixas.
-
PERSOEIRO
Físico. Membro da Academia de Ciencias e Artes (1914), foi profesor da Universidade Industrial (1917) e catedrático da Universidade de Barcelona (1930-1951). Colaborou con Esteve Terradas e, sobre todo, con Eduard Fontserè no Servicio Metereolóxico de Catalunya e no Observatorio Fabra. Inventou o pluviómetro de intensidades que leva o seu nome, usado na maioría de observatorios do mundo, e o anemómetro de aspiración, instalado no Observatorio Fabra (1913). Foi membro adxunto do Instituto de Estudios Cataláns (1926-1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta lírico. Foi un dos máximos expoñentes do modernismo en lingua castelá, que influíu decisivamente en xeracións de poetas posteriores. Interesado na obra dos simbolistas franceses e na de Rubén Darío, que acentuaron a súa inclinación cara a melancolía, en 1900 publicou os seus primeiros textos, cos títulos de Ninfeas e Almas de violeta. A súa obra poética, ademais de numerosa e independente, allea a calquera xeración e moda, está marcada por un afán constante de superación, case sempre retocando os seus poemas en sucesivas seleccións. Con Baladas de primavera (1910), La soledad sonora (1911) e Diario de un poeta recién casado (1917) inaugurou un novo estilo máis depurado, na procura da beleza absoluta, da poesía e do espírito que tenta fundir co seu lirismo esencial interior, mesturando elementos metafísicos e abstractos. Destacan tamén Arias tristes (1903), Eternidades (1918), Piedra y cielo (1919), Canción...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Foi alcalde do crime en Sevilla (1767) e alcalde de casa e corte (1778) en Madrid, cidade na que contactou cos ilustrados. Coa chegada ao poder de Godoy, foi perseguido, detido e deportado a Mallorca, confinado primeiro na cartuxa de Valldemossa (1801) e, posteriormente, no castelo de Bellver (1802). Liberado en 1808, trala abdicación de Carlos IV, negouse a participar no equipo afrancesado, e formou parte da Junta Suprema Central y Gubernativa del Reino, onde representaba a tendencia ilustrada oposta ao Antigo Réxime e ao liberalismo político. Distinguiuse polas súas ideas renovadoras (humanización da xustiza, fomento das obras públicas, regalismo, loita contra a Inquisición, racionalización do ensino -que consideraba o motor máis potente de transformacións-, liberalismo económico). Expuxo as súas ideas político-económicas no Informe sobre el Banco de San Carlos (1782) e, especialmente, en Informe en el expediente de ley agraria (1795). Escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Anatolia Central, Turquía (14.680 km2; 1.025.241 h [1997]). A súa capital é Kahramanmaraş.