interamnico -ca

interamnico -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos interamnicos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo prerromano dos interamnicos.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do convento xurídico Bracarense, mencionado no Itinerario de Antonino. Os estudios máis recentes situaron a súa capital en Baños de Molgas e o seu territorio estenderíase pola conca alta do río Arnoia. Limitaría ao N cos turodos, ao L cos lemavos, ao S cos tamaganos e os equaesos, e ao O cos limicos e os coelernos. Na epigrafía documéntanse varias inscricións nas que aparece mencionado este pobo.