"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jorge Demetrio Otero Logares.
-
PERSOEIRO
Compositor e director. Comezou os seus estudios musicais en Montevideo e continuounos en París con Roger Duca-sse, Henri Büsser, Albert Wolff e Paul Paray. Exerceu a docencia e fundou a Orquesta de Cámara de Montevideo. Da súa produción destacan as sinfonías e varias pezas para cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que práctica o estraperlo ou comercio ilegal.
-
-
Tipo de ruleta trucada que orixinou o escándalo do Estraperlo (1935).
-
-
Comercio ilegal, clandestino, e con prezos superiores aos establecidos sobre artigos suxeitos a taxa ou intervidos polo Estado. Despois da Guerra Civil e ata 1955, aproximadamente, aplicouse ao comercio extralegal ou á adulteración de alimentos, medicamentos, combustible e obxectos manufacturados, que xurdiu a consecuencia da escaseza e da penuria económica da posguerra.
-
Mercadoría obxecto de estraperlo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asunto de corrupción política que provocou a fin do goberno de coalición entre o Partido Radical e a CEDA durante a Segunda República Española. En maio de 1934 Strauss e Perlowitz intentaron obter das autoridades republicanas a legalización dunha ruleta trucada que inventaran. En setembro de 1934 conseguiron introducila en casinos de Donostia e Palma de Mallorca, aínda que foi inmediatamente prohibida pola policía. Strauss esixiu unha compensación económica a diversos políticos, sen éxito, motivo polo que remitiu toda a documentación do asunto a Niceto Alcalá Zamora, presidente da República. O 20 de setembro de 1935 Alejandro Lerroux dimitiu como presidente do goberno porque moitos dos seus partidarios estaban relacionados coa obtención da concesión. O Partido Radical quedou totalmente desprestixiado, o que precipitou a fin do goberno radical-cedista. Durante o período franquista as actividades de estraperlo constituíron un amplo mercado negro nacido a raíz da situación de racionamento...
-
PERSOEIRO
Bioquímico, pai de Ulf Svante von Euler. Estudiou na Universidade de Berlín, foi colaborador de Svante Arrhenius no Instituto Real de Tecnoloxía e profesor da Universidade de Estocolmo, onde o nomearon director do Instituto de Bioquímica. Estudiou os enzimas, especialmente os que interveñen na fermentación do azucre. Atopou a estrutura do primeiro coenzima descuberto, chamado difosfopiridin-nucleótido. Tamén traballou na estrutura e obtención de vitaminas e foi o primeiro que illou a vitamina A. En 1929 compartiu o Premio Nobel de Química con A. Harden, polos seus estudios sobre a acción dos enzimas na fermentación dos azucres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do Parlamento Europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está fóra ou á marxe do Parlamento, especialmente un grupo político.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor holandés. Realizou obras de gran formato e decorou diversas igrexas católicas en Limburgo. Da súa produción destaca o bronce que conmemora a liberación da cidade de Maastricht. En 1920 gañou o Prix de Rome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Derrocou o xeneral Francisco Menéndez e proclamárono presidente provisional (22.6.1890-1.1.1891). Houbo de afrontar a guerra con Guatemala. Foi elixido presidente da República en 1891, cargo no que se mantivo ata que foi deposto en 1894, tralo que fuxiu a México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ourive ruso. Formouse en Europa Occidental (1860-1864) e dende 1870 encargouse do obradoiro familiar, do que abriu sucursais en cidades rusas e en Londres. Traballou con diferentes metais, xemas, pedras duras e esmaltes, e foi ourive e xoieiro da corte rusa. Participou na Exposición Panrusa de Moscova (1882) e recibiu unha medalla de ouro. En 1990 fundouse a Fabergé Arts Fundation con sedes en Washington e San Petersburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Foi nomeado director do Instituto de Óptica (1927) e membro da Royal Society (1931). Inventou con Perot un interferómetro para o estudo dos espectros de raias. Comprobou o principio Doppler-Fizeau e no 1913 descubriu o ozono na alta atmosfera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático italiano. Estudiou o problema da rectificación da elipse e da parábola, e na Opere mathematiche probou que, dada a diferenza de lonxitudes de dous arcos, existen infinitas solucións para determinalos sobre estas curvas. Leonard Euler baseouse nos seus métodos para a demostración do teorema de adición das integrais elípticas. Foi membro da Royal Society.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Francisco de Goya que representa o Rei Carlos IV e a súa familia. Encargado en 1800, trátase dun lenzo de grandes dimensións (2,80x3,36 m). Goya comezou a súa realización en Aranjuez, onde estaba o monarca, e finalizouna en Madrid. Sobre unha estancia do palacio situou as trece figuras de pé que parecen posar ante o pintor, e autorretratouse na esquerda do lenzo, como fixera Velázquez en Las Meninas. Os personaxes distribúense en grupos de catro, con dous homes e dúas mulleres en cada un, e aparecen retratadas segundo a percepción do pintor; cómpre destacar que Goya non mostrou o rostro da dona do futuro de Fernando VII por non selo no momento da realización do lenzo. No eido técnico, destaca a riqueza cromática, baseada en amarelos e ouros combinados con vermellos e azuis, o emprego da luz sobre os rostros, os traxes e as xoias das personaxes e a pincelada solta.
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. Formado con Monteverdi, foi Konzertmeister en Dresden. Introduciu innovacións técnicas no violín e sonatas para este instrumento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Participou na revolta de 1831 e foi desterrado dos Estados Pontificios en 1843. Amnistiado por Pío IX (1847), retornou e foi nomeado subsecretario do ministerio de Estado (1848). Ao dimitir o goberno (1849), foi exiliado a Turín, onde colaborou con Cavour no xornal Il Risorgimento. En 1851 naturalizouse piemontés e ocupou os cargos de ministro de Educación (1851-1852) e de Interior (1860-1861), comisario en Modena (1859) e primeiro ministro (1862-1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e xesuíta italiano. Ordenado sacerdote en 1722, foi destinado a Padua para traballar xunto ao padre Filippo Riceputi. Foi autor, xunto con F. Riceputi, de Ilyricum Sacrum (Ilírica Sacra, 1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra, fillo de J. F. Fasch. Virtuoso clavecinista, traballou na corte de Federico II de Prusia e fundou e dirixiu a Berliner Singakademie. Compuxo obras vocais sacras e profanas, pezas instrumentais e para teclado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo e compositor. Autor de vodevís e de libretos de óperas cómicas, foi director da Opéra-Comique de París. Da súa produción destaca Les amours de Bastien e Bastienne (1753), Les trois sultanes (1761) e Les moissonneurs (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudiou na University of Meryland e na Princeton University, na que se doutorou en 1969. En 1978 otorgóuselle a Medalla Fields por diversas innovacións en análise clásica, útiles no estudo da interficie entre análise harmónica, análise complexa e as ecuacións diferenciais.
VER O DETALLE DO TERMO