Familia de Carlos IV, La

Familia de Carlos IV, La

Óleo de Francisco de Goya que representa o Rei Carlos IV e a súa familia. Encargado en 1800, trátase dun lenzo de grandes dimensións (2,80x3,36 m). Goya comezou a súa realización en Aranjuez, onde estaba o monarca, e finalizouna en Madrid. Sobre unha estancia do palacio situou as trece figuras de pé que parecen posar ante o pintor, e autorretratouse na esquerda do lenzo, como fixera Velázquez en Las Meninas. Os personaxes distribúense en grupos de catro, con dous homes e dúas mulleres en cada un, e aparecen retratadas segundo a percepción do pintor; cómpre destacar que Goya non mostrou o rostro da dona do futuro de Fernando VII por non selo no momento da realización do lenzo. No eido técnico, destaca a riqueza cromática, baseada en amarelos e ouros combinados con vermellos e azuis, o emprego da luz sobre os rostros, os traxes e as xoias das personaxes e a pincelada solta.

Palabras veciñas

Famián | Famiglia, La | familia | Familia de Carlos IV, La | familia de Pascual Duarte, La | Familia, Pactos de | familiar