familiar

familiar

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia.

  2. adx

    Que resulta coñecido para alguén en concreto.

    Ex: Este é un lugar familiar para todos nós.

  3. adx
    1. Que é natural e non resulta forzado.

    2. [LING]

      Aplícase ao estilo, lingua ou palabra que só se emprega cando existe un certo grao de intimidade ou confianza entre os interlocutores e, á vez, hai un rexeitamento das relacións cerimoniosas que esixe unha lingua elevada e académica.

  4. adx

    Aplícase a algunhas cousas que teñen un tamaño máis grande ca o habitual, para que os use toda a familia.

    Ex: Comprou as galletas nun envase familiar. Teñen un coche familiar.

  5. s m

    Persoa que pertence á mesma familia do suxeito en cuestión.

    Ex: Nas vacacións vou á casa dun familiar.

    Sinónimos: parente.
  6. [HIST]
    1. s m

      Criado, servente.

    2. s m

      Eclesiástico ao servizo persoal dun bispo.

    3. s m

      Persoa que tomou o hábito dunha orde relixiosa.

    4. s m

      Persoa que, ao ser admitida na orde militar de Alcántara, ofrece todos ou parte dos seus bens.

    5. familiar da Inquisición

      Servidor laico do Santo Oficio encargado de transmitir informes e de efectuar interrogatorios e investigacións. Dependían de forma directa do Tribunal da Inquisición de cada cidade e estaban exentos de determinados tributos de carácter local e de sufragar gastos polo establecemento de tropas; ademais, dispoñían da libre posesión de armas. O cargo requiría un expediente previo de pureza de sangue e foi exercido a miúdo por membros da nobreza. No s XVI constituíron a Congregación de San Pedro Mártir.