parente

parente

(< lat parente)

    1. adx e s

      Aplícase á persoa que é da mesma familia ca outra (ascendente, descendente ou colateral), por relación de consanguinidade ou de afinidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “O parente, como Deus cho dese; o amigo, como ti o escolleses. Máis vale un bo amigo que dez parentes, eles lonxe e el presente. Máis vale un amigo bo que parente e medio. Non hai mellor parente ca o bo amigo. Avarento rico non coñece parente nin amigo. Antes (Primeiro) son os meus dentes ca os meus parentes. Entre parentes non metas os dentes. Quen probreza ten, dos seus parentes fai desdén. Cando o vilán enriquece, non ten amigos nin parentes”.

      Ex: Aquela señora é parente nosa por parte de pai.

      Sinónimos: familiar.
    2. parente consanguíneo

      Parente que descende dun mesmo tronco.

    3. parente en liña colateral

      Cada unha das persoas que provén dun tronco común, sen que unha descenda da outra. Por exemplo, irmán e irmá.

    4. parente en liña recta

      Cada unha das persoas que están unidas polo vínculo de ascendencia ou descendencia. Por exemplo, avó e neto.

  1. adx

    Que presenta semellanza ou afinidade con respecto a outra cousa.

    Ex: A tea que trouxeches éche parente desta. A sabedoría, parente da experiencia, só se adquire cos anos.

  2. adx

    Aplícase a un dos cónxuxes con respecto ao outro. OBS: Nesta acepción adoita empregarse como feminino a forma parenta, e é moi raro que se utilice referido a marido.

Refráns

  • Ós parentes amóstralle-Ios dentes.
  • Parentes, as moas e os dentes.