Parente
Parente
-
[ONOM]
Apelido galego que ten a súa orixe no concello Monterrei.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega que trae como armas escudo partido: primeira partición, en campo de azul, un castelo de pedra, de tres torres, e asomada a unha ventá, unha doncela cunha espada na man destra, e un can en actitude de acometer, diante da porta; segunda partición, en campo de ouro, unha nave ao natural enriba dun piñeiro con froitos e terrazados, acompañado de tres flores de lis de goles, unha en xefe e unha en cadanseu flanco.