"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Excreción urinaria de predominio nocturno. É un dos signos da insuficiencia cardíaca conxestiva e da insuficiencia renal crónica, e relaciónase cunha mellor circulación renal e xeral durante o repouso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante. Alumno da Llotja, coincidiu con Joaquim Mir, con quen formou o grupo artístico Colla del Safrà. En 1896, trasladouse a París, onde realizou varias exposicións e, ao seu regreso a Barcelona colaborou no Almanac dels Noucentistes e publicou os seus debuxos en revistas como Papitu. Pouco despois de 1910 integrouse en Les Arts i els Artistes. Admirador de Daumier, Monet e Toulousse-Lautrec, comenzou na liña luminista da escola de Sitges (1891), pasou polas amareladas visións suburbiais de Barcelona (1893-1896) e chegou ao expresionismo case caricaturesco das súas series de cretinos, mendigos e repatriados da Guerra da Independencia de Cuba. Centrado despois nos xitanos (1901-1906), proseguiu dedicado á figura feminina de raza branca. A súa pincelada foi breve, nerviosamente repetida e combinada con longas pinceladas grosas que remarcaban os contornos. Os seus debuxos enriquecéronse a miúdo cunha técnica coñecida co nome de fregit, cuxa paternidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do changwat homónimo, Tailandia, que está situada ao N de Bangkok (291.307 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (622 km2; 810.254 h [2000]). A súa capital é Nonthaburi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de regras que pretenden ser unha norma do galego de Asturias. Na súa redacción partiuse de dous principios básicos: a) as falas do estremo occidental de Asturias son variedades do galego oriental e b) o referente é o galego común, pero respectando a personalidade lingüística das variedades galegas da Terra Eo-Navia. Foron publicadas en setembro de 1990 pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA) e redactadas por unha comisión constituída por Xosé Carlos Álvarez Blanco, Xoán Babarro González, Francisco Fernández Rei, Celso Martínez Fernández, Antonio Meilán García e Antón Fernández Santamarina. Son as normas que se empregan na revista Freita e nas diversas publicacións da MDGA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘notas de dereito’. Designa as abreviaturas empregadas nos manuscritos antigos de obras xurídicas, especialmente referidas aos termos técnicos. Coñecidas xa a partir do s III, nalgunhas ocasións prohibíronse para evitar as ambigüidades e fraudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador habitual en revistas de crítica literaria como Nouvelles littéraires (1960-1970) ou Point (1972), é autor das novelas L’eau grise (1951), Un petit bourgeois (1964), L’empire des nuages (1981) e Prince des Berlingots (2003), e dos ensaios Lorca (1995) e Le musée de L’homme (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder relixioso iraniano. Coñecido como Bahā’ Allāh (‘esplendor de Deus’), foi deportado a Bagdad, acusado de atentar contra o xa en 1852. Presentouse como o salvador anunciado por Bāb (1863) e enfrontouse con Y. Nūrī, irmán seu, designado sucesor polo mesmo Bāb. Conseguiu numerosos adeptos e a partir del o babismo tomou o nome de bahaísmo. As desordes político-relixiosas que provocaron as súas doutrinas motivaron que fose enviado a Istambul e Edirne en 1864, e máis tarde a Acre, onde morreu. Publicou unha centena de volumes, dos que destaca Kitāb al-aqtas, dividido, como o Alcorán, en suras e versículos, e escribiu cartas aos gobernantes de todo o mundo para instalos a desenvolver un sistema internacional de dereito e goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe toponímica que parece proceder do éuscaro N-uri-a, que significaría ‘chaira rodeada de outeiros’, derivado de uri ‘parte habitada, lugar poboado’. A súa festividade celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do NL de Afganistán, na fronteira con Paquistán. Montañosa e boscosa, comprende as vertentes do Hindū Kush. Antigamente chamábase Kafiristán, e os seus habitantes kafires (‘infieis’). Uniuse a Afganistán en 1890, converteuse ao Islam e recibiu o nome actual (‘país da luz’).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nuristán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nuristán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Está considerado como o creador da nomografía. Aplicou a xeometría aos cálculos numéricos e estudou os principios das máquinas da calcular, das que fixo unha clasificación comparativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de A. Casella, empregou elementos tradicionais andaluces e africanos. Fundou o grupo Zodiaque (1946) como reacción á corrente posromántica que invadía a música da época. Das súas obras destacan Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1950), o ballet Prométhée (1956), o concerto de cámara Syllabaire pour Phèdre (1968), o Concerto pour piano e orchestre (1980-1981) e a ópera La Célestine (1988). Recibiu o Prix National de Musique (1975) e a Légion d’Honneur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Crítico co réxime socialista, cultivou con éxito a poesía pero destacou sobre todo coa novela Zavist’ (A envexa, 1924), obra polémica que o autor levou a escena baixo o título de Zagovor custv (A conspiración dos sentimentos, 1929). Despois de deixar de escribir en 1939 polas presións do goberno, desde 1956 traballou en xornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diurese mensurable inferior a 100 ml/día.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do volume de urina emitida nun día; pode ser provocada por unha inxestión escasa de líquidos, por sudacións copiosas ou por doenzas renais ou extrarrenais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atraso na eliminación, a través da urina, da auga inxerida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de Ch. W. Gluck estreada en 1762 en Viena. Dividida en tres actos, pretendeu incorporar a antiga traxedia grega e a estrita e elexíaca aproximación do teatro grego ás correntes da ópera vienesa daquela época. Gluck, aconsellado polo libretista R. Calzabigi, fixo unha reforma da ópera, suprimindo as incongruencias e a supeditación absoluta do texto que se introducira na época barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo interafricano fundado en 1965 como Organisation Commune Africaine et Malgache, en sucesión da Unión Africaine et Malgache de Coopération Économique (creada en 1964). Integrada principalmente por estados francófonos, os seus obxectivos foron a cooperación económica, cultural e social entre os estados membros. Autodisolveuse en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional da ONU, con sede en Madrid, creada para promover e desenvolver o turismo responsable, sostible e accesible para todos. Pretende estimular o crecemento económico, a creación de emprego e incentivar a protección do medio natural e do patrimonio cultural, amosando especial interese polos países en vías de desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO