Organizacion Mundial de Turismo

Organizacion Mundial de Turismo
Nome científico: [OMT; ingl: World Tourism Organization, WTO]

Organización internacional da ONU, con sede en Madrid, creada para promover e desenvolver o turismo responsable, sostible e accesible para todos. Pretende estimular o crecemento económico, a creación de emprego e incentivar a protección do medio natural e do patrimonio cultural, amosando especial interese polos países en vías de desenvolvemento.