Organización Nacional de Ciegos de España
Organización sen ánimo de lucro creada en 1938 en Burgos co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais. Ten escolas de ensino xeral e laboral e os seus afiliados están autorizados para a venda de cupóns para un sorteo diario, con premios en metálico. Creou, en 1988, a Fundación ONCE para la Cooperación e Integración Social de las Personas con Discapacidad e, en 1993, a Corporación Empresarial ONCE (CEOSA), para buscar obxectivos de financiamento distintos ao cupón, e emprego para persoas cegas ou con outra discapacidade. Pon a disposición dos seus afiliados unha biblioteca que conta con máis de 11.000 obras en braille, máis de 1.700 en soporte informático, máis de 20.000 en formato de son, ao redor de 3.600 partituras musicais en braille e máis de 30.000 obras en tinta.