Organización para a Liberación de Palestina

Organización para a Liberación de Palestina
Nome científico: [OLP]

Organismo político-militar creado en Xerusalén en 1964. Intentou agrupar os refuxiados palestinos para manter o seu nacionalismo. Algúns grupos, como Saika ou al-Fatah, refusaron adherirse porque emanaba duns estados incapaces ata aquel momento de liberalos. O efecto máis notable da Guerra dos Seis Días (1967), coa ocupación israelí de toda Palestina (Guerras Árabe-israelís), foi o de acrecentar o nacionalismo e rexeitar toda solución que non fose a liberación total de Palestina. A raíz dos ataques a Tunisia (1985 e 1988), onde estaba o cuartel xeral da organización e aos campos de refuxiados palestinos de Líbano, a organización escindiuse en grupos moderados, comandados por Yasser Arafat, e radicais, que tiñan o apoio de Líbano e Siria, e que obrigaron a Y. Arafat a dispersar as súas forzas por Alxeria, Tunes e a República Árabe do Iemen. Cando o Rei Hussein I de Xordania renunciou (xullo de 1988) á posesión de Cisxordania, o Consello Nacional de Palestina proclamou en Alxeria un estado palestino nos territorios ocupados por Israel e con capital en Xerusalén. O novo ente político conseguiu o recoñecemento de 50 países. Nunha reunión do Consello Central celebrada en Tunisia (1989), Y. Arafat foi elixido primeiro presidente do estado independente de Palestina. A OLP foi, sempre baixo o liderado de Y. Arafat, a partir de 1993, o único interlocutor palestino nas conversas de paz con Israel. Despois da morte Y. Arafat (2004) Ma ḥ mūd Abbas accedeu a presidencia do comité executivo da OLP.