Organización Mundial da Propiedade Intelectual

Organización Mundial da Propiedade Intelectual
Nome científico: [OMPI; ingl: World Intellectual Property Organization, WIPO]

Organismo internacional creado por unha convención asinada en Estocolmo en 1967, que entrou en vigor en 1970. É unha axencia especializada da ONU e proponse promover a protección da propiedade intelectual en todo o mundo. Comprende dúas ramas principais: a propiedade industrial e o copyright, principalmente en literatura e artes.