"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou en Siena (1580-1603), onde recibiu o influxo de Barocci na súa Annunciazione (1588), na Chiesa del Servi, e Sacra conversazione, na igrexa do Carmine. En Roma, o seu estilo fíxose máis naturalista, na liña clasicista dos Carracci: Santa Cecilia e santi, na igrexa do Gesù.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Il Perugino, formouse no ambiente da escola Umbria e con S. Botticelli e Leonardo da Vinci. De Piero della Francesca aprendeu a claridade da composición e a concepción monumental dos espazos arquitectónicos. Destacan as táboas da Vita di san Bernardino (1473), Consegna delle chiave a san Pietro, no Vaticano, Apollo e Marsias, o retrato de Francesco delle Opere (1494) e os frescos do Collegio della Mercanzia de Perugia (1500), executados en colaboración cos discípulos, entre eles Rafael.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distancia que hai entre dous soportes dunha estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do läani de Uudenmaan, Finlandia, situada ao N da aglomeración de Helsinqui (179.856 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición ou circunstancia favorable que unha persoa ou cousa ten sobre outra.

    2. Diferenza de posición ou situación dunha persoa ou cousa sobre outra, especialmente nunha actividade.

    3. Convención regulamentaria que, en certos deportes de equipo, permite ao árbitro non interromper o xogo cando un xogador atacante é obxecto de falta, porque continúa controlando a pelota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou proporciona algunha vantaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Fixi, situada na Polinesia, a 60 km ao NL de Viti Levu, é a segunda en extensión do arquipélago (5.534 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vanuatu ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vanuatu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular do Océano Pacífico, situado uns 400 km ao NL de Nova Caledonia e uns 1.000 km ao O de Fixi (12.190 km2; 202.000 h [estim 2000]). A capital é Port Vila (30.139 h [1999]).
    Xeografía
    O arquipélago está constituído por unhas 80 illas, todas montañosas e volcánicas e cun clima tropical oceánico. Os cultivos de subsistencia son o iñame, a mandioca, as hortalizas e outras verduras. Tamén se cultivan cocos, cacao e café. A gandaría céntrase na cría de vacas, porcos, cabras e galiñas. Hai explotación forestal. A pesca practícana comercialmente diversas sociedades estranxeiras. En conxunto, o sector primario ocupa o 61% da poboación activa. A minaría redúcese á extracción de manganeso na illa de Efate. As industrias son pequenas e baséanse no proceso dos produtos do sector primario como a conxelación de peixe ou as conservas de carne. Destaca tamén a artesanía: cestaría, cerámica, elaboración de copra ou construción de canoas, entre outras. O comercio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Traballou en Urbino (igrexas de San Francesco e San Domenico), Ancona (peirao e palacio Feretti), Roma (basílica de San Pedro) e Nápoles (igrexa de L’Annunziata). Realizou tamén o Palazzo Reale de Caserta (1752-1773) e o seu acueduto de máis de 40 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. De nome Jan van Santen, estableceuse en Roma, onde fixo o Palazzo Borghese, ampliado por Maderna, a fachada da igrexa de San Sebastiano fuori le Mura e o Casino Borghese, reformado a finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e xenetista ruso. Estudou a variabilidade xenética, especialmente a das plantas cultivadas, e achegou argumentos para establecer a lei das series homólogas. Os seus traballos sobre a orixe xeográfica, a selección natural e a aclimatación das plantas cultivadas tiveron unha gran relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Fixo investigacións importantes na óptica, especialmente sobre os fenómenos luminescentes, fisioloxía óptica e tamén en fontes de luz fría mediante radiacións ultravioletas. Recibiu dúas veces a orde de Lenin da Academia de Ciencias da URSS e o premio Stalin (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, pintor e deseñador. A súa obra pictórica aproximouse ao neoimpresionismo. En 1985 editou o libro manifesto Déblaiement d’art (1895) e proxectou para a súa familia a casa Bloemenwert, en Ukkel, onde anticipou unhas formulacións funcionais. En 1899 instalouse en Alemaña, onde proxectou o interior do Folwang Museum de Hagen (1900-1902). A súa obra evolucionou cara á simplificación e a súa formulación pedagóxica da experimentación nova colocouno ao límite da pedagoxía da Bauhaus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores holandeses. Esaias van de Velde (Amsterdam 1551-A Haia 1630) foi mestre de Van Goyen e cultivou a paisaxe. O seu irmán, Willem van de Velde o Vello (Lovaina 1611-Greenwich 1693), pintou a cálamo batallas navais. Os seus fillos foron tamén pintores; Adriaen van de Velde (Amsterdam 1636-1672), cultivou a paisaxe con gran profusión de animais domésticos, e Willem van de Velde o Novo (Lovaina 1663-Greenwich 1707) cultivou a paisaxe, buscando a captación da atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor italiano. Foi profesor en Modena e París. Estudou cuestións relacionadas coa calor, a óptica, as cores e os sons audibles. Destacan as súas investigacións sobre os fluídos, en que deu a coñecer o tubo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Representante do verismo, nas súas obras reflectiu unha Sicilia primitiva. Publicou as novelas Storia di una capinera (1871), I Malavoglia (1881), Mastro don Gesualdo (1889) e Cavalleria rusticana (1884); as narracións Vita dei campi (1880) e Per le vie (1883); e o drama Dal tuo al mio (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante italiano. Ao servizo da coroa francesa, despois do regreso de S. Caboto de América setentrional, comandou unha expedición na busca dun paso ao NO cara ás Indias. Zarpou en 1523, e arribou á costa setentrional americana (1524), que explorou desde o cabo Fear a Nova Escocia. Dirixiu outra expedición en 1528 cara a América Central, de onde non regresou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Pavia, na Lombardía, Italia (64.672 h [2001]). Situada á dereita do Ticino, destaca a industria do calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista. Escribiu Nuova cronica, crónica da cidade en doce libros, desde os tempos bíblicos, continuada polo seu irmán Matteo e o fillo deste, Filippo, ata 1364.

    VER O DETALLE DO TERMO