Velde, van de

Velde, van de

Familia de pintores holandeses. Esaias van de Velde (Amsterdam 1551-A Haia 1630) foi mestre de Van Goyen e cultivou a paisaxe. O seu irmán, Willem van de Velde o Vello (Lovaina 1611-Greenwich 1693), pintou a cálamo batallas navais. Os seus fillos foron tamén pintores; Adriaen van de Velde (Amsterdam 1636-1672), cultivou a paisaxe con gran profusión de animais domésticos, e Willem van de Velde o Novo (Lovaina 1663-Greenwich 1707) cultivou a paisaxe, buscando a captación da atmosfera.