"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • GALICIA

    Político, irmán de Manuel Quiroga Vázquez. Pertenceu ao Partido Liberal, foi deputado polo distrito de Quiroga durante dez ocasións entre 1872 e 1907, e senador pola provincia de Lugo (1896-1898 e 1910-1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido co pseudónimo de Šalom Aleikhem, comezou escribindo en hebreo ata que se pasou ao jiddish e se converteu nun humorista moi coñecido, sobre todo grazas á súa novela A historia do leiteiro Tevje (1914), adaptada como comedia musical ao teatro e ao cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Karl Sobelsohn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta romántico. Foi o primeiro en adoptar a lingua popular como medio de expresión poética. Autor de dous volumes de Pesme (Poemas, 1847-1851), os seus poemas de inspiración patriótica, O adeus aos estudos e O camiño de Kolo, convertéronse en clásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario, escritor e pensador. Expoñente da mocidade ilustrada, demócrata e revolucionaria da época, escribiu Putešestvije iz Peterburga v Moskvu (Viaxe de Peterburgo a Moscova, 1790), que inclúe o poema revolucionario “Vl’nost’” (A liberdade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e historiador da arte italiano. Recibiu a influencia de B. Croce e K. Fiedler. Cofundou, xunto con R. Longhi e R. Bianchi Bandinelli, a revista La Critica d’Arte (1935), que tamén dirixiu. Promoveu e organizou institucións dedicadas á arte e publicou I Carracci e la critica d’arte nell’età barocca (1933), Cinema, arte figurativa (1952) e L’arte nella paleostoria dell’uomo (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, drenado polo río Asón e delimitado ao L por Bizkaia (2.248 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, gandaría e a industria diversificada (alimentaria, metalúrxica e manufacturas da madeira). Destacan as pinturas rupestres da cova de Covalanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Escribiu as novelas Čelovek s etogo sveta (Un home deste mundo, 1961), Dengui dl’a Marii (Cartos para María, 1967), Poslednij srok (O último termo, 1970), Živi i pommi (Vive e lembra, 1975), Proščanije s Mat’oroj (O adeus de Matiora, 1976) e Siberia, Siberia (1991), ademais de moitos contos breves de gran calidade. Recibiu o premio estatal da URSS (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro. Coñecido como Sten’ka Razin, foi cosaco do Don. Fillo de cosacos ricos, foi un guerreiro ao servizo do tsar e dirixiu a rebelión dos cosacos e campesiños (1660-1670). Figura popular, pasou a formar parte do folclore ruso como símbolo da liberdade e da loita do pobo contra a opresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Descubriu o efecto que fai referencia ás propiedades mecánicas dunha substancia inmersa nun líquido tensioactivo. Tamén foi o creador da química coloidal na URSS e desenvolveu a teoría da tixotropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, químico e fotógrafo francés. Profesor na École Polytechnique de París como sucesor de Gay-Lussac (1840), estudou os fluídos e os vapores e ideou un tipo de higrómetro. Descubriu o tetracloruro de carbono e investigou os halóxenos e os hidrocarburos. Membro fundador da Société Héliographique (1851) e da Société Française de Photographie (1854), descubriu o uso do ácido pirogálico como axente para positivar e publicou First Elements of Chemistry (1850). Os seus calotipos publicáronse baixo o título Etudes et Paysages (1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Antisoviético, aplicou fórmulas simbolistas á novela realista para xustapoñer a fantasía ao sentido máis concreto da realidade. É autor de fábulas e lendas que evocan o pasado e manifestan un espírito antisoviético. Destacan as súas obras O estanque (1905) e Rusia no remuíño (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Membro do grupo dos Ambulantes, foi profesor da Academia de Belas Artes de Petrogrado. Pintou cadros de xénero e de historia dentro dun realismo a miúdo anecdótico. Destacan Os remeiros do Volga, Iván o Terrible e o seu fillo e retratos como os de Tolstoj, Musorgskij e Glinka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar ruso. Membro dunha familia principesca rusa, foi embaixador en Polonia (1763-1769), á que converteu nun protectorado ruso, e gobernador de Estonia e Livonia (1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta húngaro. Iniciou, xunto a Vajda e Komjáthy a moderna lírica subxectiva húngara. Da súas obras destacan Ifjúságom (A miña xuventude, 1883) e Magány (Soidade, 1889), ademais dunha novela autobiográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento revolucionario español que puxo fin á Decada Moderada. Desprazou aos moderados do poder, dándolle o goberno a unha coalición liberal-progresista. Inicialmente só foi a expresión do descontento do sector liberal do exército, pero a adhesión dos progresistas e das clases populares obrigou a darlle contido político á insurrección co Manifesto de Manzanares (7.7.1854), no que se promete a descentralización e a reforma electoral, entre outras medidas reformadoras. Isabel II tivo que nomear ao xeneral Espartero xefe de goberno, dando así comezou o Bienio Progresista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, ingresou na orde en 1754 no convento da Coruña. Foi profesor de filosofía no convento de Gasteiz, mestre de estudantes en Lugo, e profesor de teoloxía en Tábara, Lugo e Ávila. Graduado en Teoloxía en 1781, foi durante tres trienios prior do convento da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Xosé Riestra López. Militou no Partido Liberal e, unha vez rematados os seus estudos, sucedeu ao seu irmán como deputado no distrito da Estrada entre 1916 e 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Presidiu o Consello de Comisarios do Pobo á morte de V. I. Lenin (1924), e foi destituído en 1930 pola súa oposición á colectivización. Procesado por desviacionista, foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ruso. Estudou música e asistiu á Escola de Mariña, onde coñeceu a obra de destacados compositores. Influído por M. A. Balakirev, en 1861 pasou a formar parte do Grupo dos Cinco. Posteriormente foi catedrático de Composición do conservatorio de Peterburgo (1871). Actuou por Europa como director de orquestra e estreou en Rusia óperas como A noite de maio (1880), Sadko (1898) e O galo de ouro (1909). Das súas obras orquestrais destacan Capricho español (1887), Scherezade (1888), A gran pascua rusa (1888) e tres sinfonías. Orquestrou óperas de Mussorgsky e Borodin, e publicou diversas obras didácticas.

    VER O DETALLE DO TERMO