Régnault, Henri Victor

Régnault, Henri Victor

Físico, químico e fotógrafo francés. Profesor na École Polytechnique de París como sucesor de Gay-Lussac (1840), estudou os fluídos e os vapores e ideou un tipo de higrómetro. Descubriu o tetracloruro de carbono e investigou os halóxenos e os hidrocarburos. Membro fundador da Société Héliographique (1851) e da Société Française de Photographie (1854), descubriu o uso do ácido pirogálico como axente para positivar e publicou First Elements of Chemistry (1850). Os seus calotipos publicáronse baixo o título Etudes et Paysages (1853).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Aquisgrán

  • Deceso

    Lugar : París