"Ya" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 670.

  • (? - 845) Músico árabe. Adscrito á corte abbásida de Bagdad, foi chamado pola súa fama á corte cordobesa en tempos de ‘Abd al-Rahman II, que foi o seu mecenas. Creador da música andalusí, engadiu unha quinta corda ao laúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadadora rusa naturalizada española (1999). Entre as súas numerosas vitorias destacan as tres medallas de ouro (50, 100 e 200 m costas) no Campionato de Europa de Helsinqui 2000, a medalla de bronce (100 m costas) nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000; a medalla de ouro (50 m costas) e prata (200 m costas) no Campionato de Europa de Berlín 2002; a medalla de ouro en 50 m costas no Campionato do Mundo de Barcelona 2003; e as medallas de prata (50 m costas) e bronce (100 m costas) no Campionato de Europa de Madrid 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ziyaditas.

    2. Membro da primeira dinastía musulmá que gobernou sobre unha boa parte do territorio da actual Iemen (819-1018), con capital en Zabid, na Tihāma meridional, fundada por Muḥammad ibn Ziyād. O poder efectivo foi deixado a mans de visires escravos etíopes, un dos cales, Naġah, iniciou unha dinastía propia (1021).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ziyaritas.

    2. Membro dunha dinastía musulmá persa que reinou (928-1077) sobre as rexións meridionais do Mar Caspio (Tabaristān, Ġurgān, Gibäl, antiga Media, ata Hulwan, na fronteira de Mesopotamia). Foi fundada pola alida Mardāwig ibn Ziyār, que se independizou (928) para restaurar o imperio sasánida. As últimas dinastías sufriron os ataques dos selxúcidas, ata que Malik Sāh puxo fin á dinastía (1077).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse a España en 1961 e creou en Cuenca o Museo de Arte Abstracta, o primeiro destas características. Cultivou a pintura, o debuxo, o gravado e a fotografía. A súa obra pictórica de madurez é afín á dos artistas abstractos españois da década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta iraquí que acadou sona co diván titulado Malā’ika wa-šayātīn (Anxos e demos, 1950). Escribiu tamén poesía política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador de Granada (? 1145) e de València. Foi nomeado polo seu pai Mu ḥ ammad ibn Gānīya herdeiro do Goberno de Mallorca. Morreu asasinado polo seu irmán Is ḥ aq ibn Gānīya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador da seita dos almorábides. Someteu as tribos do Sáhara Occidental e apoderouse do Magreb. Á súa morte, sucedeuno Yūsuf ibn Tašfīn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lugartenente de Sayf al-Dawla, Rei de diversas Taifas de al-Andalus, e de al-Šarqiyya. Á morte do seu xefe declárase independente en València no ano 1146.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baladiyya de Libia (85.068 h [1984]). A súa capital é Al-’Azīzīya.

    VER O DETALLE DO TERMO