ziyadita
ziyadita
(< antropónimo Muhāmmadibn Ziyād)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ziyaditas.
-
s
[HIST]
Membro da primeira dinastía musulmá que gobernou sobre unha boa parte do territorio da actual Iemen (819-1018), con capital en Zabid, na Tihāma meridional, fundada por Muḥammad ibn Ziyād. O poder efectivo foi deixado a mans de visires escravos etíopes, un dos cales, Naġah, iniciou unha dinastía propia (1021).