"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • REXIÓNS

    Rexión do S de Marrocos, ao S do Grande Atlas, formada por unha serie de oasis. É un antigo camiño de caravanas que vai do centro de Marrocos a Tuat e a Níxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Tlaxcala ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante de Tlaxcala.

      1. Relativo ou pertencente aos tlaxcaltecos.

      2. Individuo do pobo tlaxcalteco.

      3. Pobo amerindio de México, do grupo nahua, que habitaba as serras de Tlaxcala. Inimigos acérrimos dos aztecas, aliáronse cos conquistadores feito que axudou decisivamente para que Cortés conseguira a vitoria en Otumba (1520).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra Segundeira situado entre a parroquia da Ponte, concello da Veiga, e o municipio de Porto, na provincia de Zamora. O seu cumio acada os 1.944 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Gundriz (Samos). O seu cumio acada os 1.382 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede ou outra superficie que forma a parte posterior dun altar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa do N de Italia, situada entre Lombardia ao O e ao SO, o cantón suízo de Graubünden ao O, Véneto ao SL e L, e o Tirol austríaco ao N (13.607 km2; 937.107 h [2001]). A súa capital é Trento. A base da súa economía é a agricultura, que se limita ás zonas baixas e chairas. O principal cultivo son as maceiras, seguidas das patacas e a vide. A actividade industrial é escasa, e sobresaen a metalurxia e a maquinaria. O territorio corresponde á rexión da Venecia tridentina creada despois da Primeira Guerra Mundial, que en 1948 se converteu en rexión autónoma cun estatuto especial e un parlamento. Os conflitos entre as dúas poboacións (italianos e alemáns) só tiveron unha certa tregua a raíz das concesións do parlamento italiano para Tirol do Sur en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ampliación de valor en que tres figuras musicais toman o valor de dúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fiduciaria alemá creada en 1990, con sede en Berlín e varias delegacións. Encargada da privatización das empresas estatais da ex-República Democrática Alemá, o proceso implicou a axuda ao saneamento empresarial cando a viabilidade era posible, e a urbanización de terreos industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Cernado (Manzaneda) e Forcadas (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.724 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alternador provisto dun turbo que se destina a ser accionado por unha turbina a gran velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Foi un dos fundadores do partido comunista alemán (1919). Exiliouse na URSS durante o nazismo e, ao acabar a Segunda Guerra Mundial, conseguiu a fusión da socialdemocracia e o comunismo no Sozialistische Einheitspartei Deutschlands (1946), do que foi primeiro secretario (1950-1971). Foi xestor da República Democrática Alemá (1949) e ocupou a presidencia do seu Consello de Estado (1960-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha hipotética gran familia lingüística cunha unidade fundamental, aínda pouco demostrada, que comprende as linguas urálicas e as altaicas. Os trazos comúns destas linguas son a estrutura morfolóxica aglutinante, a apofonía consonántica e a harmonía vocálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación ao NO da chaira rusa, nas oblasti de Leningrado, Novgorod, Tver, Pskov e Smolensk. Ten unha extensión de máis de 600 km. Nacen nela os ríos Volga, Dvina setentrional, Lovat’ e Msta Mologa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite dos concellos de Láncara, Triacastela e Becerreá. O seu cumio acada os 1.104 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, situado na beira esquerda do Ebro, no límite con La Rioja (2.410 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (7.904 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga e violinista. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, obtivo o título superior de violín. Formada con destacados músicos, como V. Martín, P. Jeubert, P. Kincl e J. Sedlacek, en 1985 incorporouse á Orquestra de Santiago de Compostela e, posteriormente, á Xoven Orquestra de Galicia. Colaborou en diversas publicacións, como Agália, Grial e Luzes de Galicia con artigos sobre estética musical e escribiu os poemarios Sete haikús (1985), Música reservada (1991) e Ruído (1995); o monólogo dramático Concerto para un home só (1987) e a novela As chaves do tempo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de canais que une o Volga co Mar Báltico e, a través do canal Mar Branco-Mar Báltico, co Mar Branco. Denomináronse tamén sistema de navegación de Marij. A navegación inaugurouse en 1810, pero tras a Segunda Guerra Mundial comezou a construción dun novo canal entre o lago Onega e o río Volga, que se inaugurou en 1964. Ten unha extensión total de 368 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político surafricano. Coñecido como John Vorster, foi ministro de Xustiza (1961-1966) e de Policía (1966). Sucedeu a H. F. Verwoerd como primeiro ministro (1966) e continuou a política de apartheid. En 1978 dimitiu e foi elixido presidente da república, cargo do que dimitiu en 1979 a raíz dun escándalo gobernamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo alemán. Coñecido co nome latinizado de Hylacomilus ou Ilacomilus, publicou Cosmographiae introdutio (1507), en que se menciona por primeira vez o nome de América.

    VER O DETALLE DO TERMO