Ulbritch, Walter

Ulbritch, Walter

Político alemán. Foi un dos fundadores do partido comunista alemán (1919). Exiliouse na URSS durante o nazismo e, ao acabar a Segunda Guerra Mundial, conseguiu a fusión da socialdemocracia e o comunismo no Sozialistische Einheitspartei Deutschlands (1946), do que foi primeiro secretario (1950-1971). Foi xestor da República Democrática Alemá (1949) e ocupou a presidencia do seu Consello de Estado (1960-1973).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Leipzig

  • Deceso

    Lugar : Berlín