"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

    1. artrodese.

    2. sinapse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘ligamento’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dos ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da anatomía que estuda os ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fixación cirúrxica dun ligamento. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura ou reparación dos ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión das pezas óseas que se produce por un ligamento ou unha membrana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección dos ligamentos articulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de sindicar ou de sindicarse.

    2. Agrupación de bancos co obxectivo de repartir os riscos dunha operación de emisión de valores ou outra análoga.

    3. Limitación que se aplica ao principio de libre transmisión de accións, incluída dun xeito expreso nos estatutos dunha sociedade, ou como obriga que os accionistas asumen voluntariamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao síndico.

      1. Relativo ou pertencente ao sindicato.

      2. central sindical

        Organización obreira formada pola agrupación de diversos sindicatos, correspondentes tanto a organizacións de tipo territorial como ás diversas ramas industriais. Coordínanse de acordo cuns mesmos principios ideolóxicos e unha estrutura organizativa común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento dos traballadores organizados en sindicatos en defensa dunha mellora das súas condicións de vida e de traballo. Os primeiros pasos do movemento sindical organizado déronse en Reino Unido, onde se creou, por influencia de Robert Owen, a Great Consolidated Trade Union (1833), aínda que os seus precedentes atópanse na segunda metade do s XVIII. En Alemaña, a unión dos lassallianos e os marxistas (Congreso de Gotha, 1875) permitiron o inicio dun sindicalismo de orientación socialista que adquiriu unha grande implantación. En Francia desenvolvéronse as asociacións de axuda mutua, sobre todo a partir de 1830, e as cámaras sindicais de oficios (1860), ata chegar á formulación do sindicalismo revolucionario que cristalizou na creación da Confédération Générale du Travail (CGT) en Limoges en 1895. En Italia creouse a Confederazione Generale Italiana del Lavoro (CGIL) en Milán en 1906, de tendencia socialista. En España a súa influencia inicial foi bakuninista coa Federación Rexional Española...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sindicalismo.

    2. Persoa que forma parte dun sindicato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reunir a diversas persoas da mesma profesión ou oficio, ou con intereses comúns, nun sindicato.

    2. Entrar a formar parte dun sindicato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asociación formada para a defensa dos intereses económicos e sociais dos seus membros. Xeralmente designa ao sindicato obreiro, pero tamén pode referirse a outros grupos como o sindicato campesiño, o sindicato patronal ou o de estudantes. A historia dos sindicatos está intimamente ligada á historia da clase obreira. Nunha primeira etapa os sindicatos obreiros agrupaban os traballadores dun mesmo oficio (sindicato de oficio), pero a medida que se desenvolveu o sindicalismo foron agrupando os obreiros dunha mesma rama industrial (sindicato de industria ou único). A estrutura do sindicato varía segundo que a tendencia predominante dos seus membros sexa anarquista (anarcosindicalismo), marxista ou simplemente reformista. Os diferentes sindicatos establecidos nunha localidade adoitan coordinarse a escala local, rexional e estatal, e forman en conxunto as centrais sindicais, que se coordinan tamén a escala internacional. O fascismo creou un novo tipo de marco obreiro,...

    2. Organización financiada pola patronal para minar a acción do sindicato dos traballadores.

    3. Organización que inclúe o patrón e o obreiro da mesma actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato fundado pola escisión dos sectores opostos á relación da UPG con Comisións Labregas (1975). Denomináronse tamén CC LL Terra, polo voceiro que editaron. Mantívose activo no período 1976-1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización anarcosindicalista constituída en 1919 que agrupou as vellas sociedades de canteiros, carpinteiros e obreiros da madeira. Adheriuse á CRG en 1922.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1922 en Vigo como unificación das diversas sociedades obreiras ligadas á CNT da cidade. Contaba con seccións de serradores, carboeiros, pesca e transporte marítimo. Reorganizáronse a comezos de 1930, e incorporáronse novos oficios, moitos dos cales se converteron en sindicatos únicos ou de industria. En 1932 transformouse nunha Federación Local de Sindicatos Únicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en setembro de 1930 como sucesora da Federación de Trabajadores creada en 1920 e integrada na CNT. En 1932, as diversas seccións agrupáronse en sindicatos de industria, co obxectivo de conformar os de edificación, transporte, metalurxia, servizos públicos e profesións varias, e deron lugar á Federación Local y Comarcal de Sindicatos Únicos de Villagarcía. Durante o goberno da Fronte Popular, estendeu a súa influencia a localidades próximas, e incorporou a mariñeiros, toneleiros, descargadores e labregos.

    VER O DETALLE DO TERMO