"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo do efecto dos psicofármacos, que comprende, por exemplo, os efectos dos estimulantes e sedantes, alcohol e drogas alucinóxenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da psicoloxía experimental que se serve dos métodos da fisioloxía para estudar os fenómenos psíquicos e descubrir as leis cuantitativas que os rexen. Tivo a súa orixe no descubrimento de J. Müller da enerxía específica dos nervios e constituíuse como ciencia co traballo que W. Wundt desenvolveu no campo das sensacións e no estudo dos tempos de reacción. Nútrese das achegas de numerosos laboratorios de psicoloxía experimental e dos estudos neurolóxicos e endocrinolóxicos.
-
-
Ciencia que estuda a conduta e os estados de consciencia ou procesos mentais relacionados con ela, das persoas, consideradas individualmente ou como membros dun grupo social. Pódense distinguir dúas épocas na súa historia, diferenciables tanto polo contido como polo método. A psicoloxía clásica, ou psicoloxía racional, comportaba unha sistematización dos datos empíricos a partir duns presupostos puramente filosófico-metafísicos. A psicoloxía moderna, en cambio, arrinca do método cuantitativo experimental e pode subdividirse na denominada psicoloxía das escolas (o condutismo, a psicanálise, o funcionalismo e o estruturalismo, entre outros) e unha máis sintética e, asemade, máis especializada, psicoloxía contemporánea. Polo que respecta aos métodos ou ás técnicas cómpre destacar os de carácter clínico e os de carácter experimental. Debido á crecente especialización da psicoloxía e á interrelación entre as especialidades, é difícil de establecer unha enumeración das diversas ramas e manifestacións....
-
-
Todo o que se refire ou pertence á alma ou psiquismo do home ou ao principio dos animais.
-
Conxunto de trazos psíquicos, caracterolóxicos e de comportamento que definen a maneira de ser dunha persoa ou dun grupo social.
-
Síntese dos trazos característicos -históricos, culturais e morais- dun pobo ou dunha nación.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que busca as leis e causas das desordes mentais. Caracterízase polo intento de elaborar unha teoría do coñecemento do feito psiquiátrico a partir da observación dos fenómenos patolóxicos do psiquismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Posición científica multidisciplinar construída sobre o diálogo entre diferentes saberes co fin de fundar cientificamente a intervención pedagóxica desde unha fundamentación substancialmente psicolóxica, que toma da psicoloxía infantil e da psicoloxía cognitiva as contribucións fundamentais. A psicoloxía comezou a ser considerada pola pedagoxía sobre todo no momento en que Binet e Simon, no inicio do s XX, construíron e utilizaron a escala psicométrica da intelixencia para a detección no ensino ordinario dos alumnos intelectualmente inadaptados. O desenvolvemento do método dos tests e das probas psicotécnicas demostrouse pronto como unha achega esencialmente aritmética e mecanicista das dificultades escolares e das problemáticas do desenvolvemento infantil. Unha paulatina visión máis ampla e multifactorial, as achegas da psicoloxía xenética piagetiana, o desenvolvemento da psicoloxía cognitiva (Vigockij, Wallon, Ausubel, Bruner e outros), as contribucións da psicanálise (Anna Freud, Vera...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da botánica que estuda os pteridófitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pulvimetalurxia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica e procedemento de preparación de aliaxes especiais, mesturas de materiais cerámicos e metálicos, que consiste en quentar sen chegar á temperatura de fusión do material menos fusible, mesturas de gránulos de pos dos materiais cerámicos e metálicos, xeralmente comprimidos. Obténse unha masa dura cun grao de compactación de depende da presión exercida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tic nervioso que consiste en morder continuamente os labios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor neurálxica que afecta ás mans.
-
-
dactiloloxía.
-
Estudo do carácter, da personalidade e da saúde do individuo a través da forma e aspecto exterior das mans e das liñas que aparecen na palma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método empírico de tratamento de diversas afeccións, baseado na manipulación e presión sobre a columna vertebral. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
CIDADES
Cidade do sheng de Zhejiang, China, situada na confluencia dos ríos Changshan e Jiangshan, onde forman o río Qu (125.341 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de cálculo por medio de variñas divididas en nove espazos, nos que están inscritos os números axeitados para facer con elas multiplicacións e divisións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor que se debe a unha lesión dunha raíz nerviosa localizada no territorio sensitivo innervado por esta raíz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os efectos das radiacións sobre os organismos vivos e os mecanismos que os determinan. Os raios X teñen uns efectos máis prexudiciais canto máis grande e prolongada sexa a actividade reprodutiva dunha célula e menos elevado sexa o seu grao de diferenciación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento para establecer unha cronoloxía por medio da radioactividade dunha mostra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Galaxia en que se detectan emisións de ondas radioeléctricas. Poden ser de dous tipos: normais, galaxias ordinarias que emiten unha parte das súas radiacións nas lonxitudes de onda que corresponden ao dominio das radioondas, supostamente polo efecto sincrotrón; e peculiares, case sempre galaxias que visualmente presentan algunha característica pouco común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que utiliza as radiacións ionizantes (raios X ou radiacións emitidas por elementos radioactivos naturais ou por radioisótopos) con fins diagnósticos ou terapéuticos. De todos os medios de diagnose radiolóxica ten especial importacia a tomografía axial computerizada (TAC) e a resonancia magnética nuclear (RMN).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor aguda que se localiza na columna vertebral.