"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade das plantas, xeralmente das especies de pasto, producida por fungos do xénero Helmintosporium. Caracterízase pola aparición de manchas na follaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta anfibia que vive coa parte inferior, as raíces, cuberta de auga e a superior situada por riba da auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hemat(o)-.
-
-
olume de eritrocitos en relación ao volume sanguíneo total. Este valor está comprendido entre o 40 e o 50% e varía segundo o sexo e a idade.
-
Aparato centrifugador que permite a separación dos corpúsculos sanguíneos do plasma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que se alimenta de sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nutrición a base de sangue. É propia dalgúns parasitos do home (percebellas, pulgas ou piollos) e doutros animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialista en hematoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina dedicada ao estudo dos elementos do sangue e ao estudo clínico e ao tratamento das enfermidades producidas polas alteracións destes elementos. Ás técnicas hematolóxicas habituais (contas globulares ou estudios de frotis sanguíneos e medulares), uníronselle os avances da bioloxía, da química e da electrónica, que permitiron novos estudios de antíxenos e de anticorpos, de cultivos de tecidos, etc, á vez que se fixeron numerosos estudios sobre a coagulación sanguínea. Estes avances repercuten no estudo clínico dos trastornos comunmente chamados enfermidades do sangue. Os transplantes de medula ósea mostráronse eficaces no tratamento dalgunhas destas enfermidades e de certas aplasias medulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hematoloxía.
-
-
Retención de sangue no interior dos tecidos ou dunha cavidade orgánica. Normalmente é de orixe traumática.
-
Extravasación do sangue no pericondrio da orella.
-
Hematoma que aparece nun dedo espontaneamente ou despois dun esforzo. Está causado pola rotura dunha vénula dixital.
-
Hematoma localizado entre a duramáter e o periósteo. Aparece despois da rotura da arteria menínxea media ou unha das súas ramas. O hematoma, a medida que aumenta o volume, vai comprimindo o cerebro, de xeito que o enfermo, despois dalgunhas horas de recuperarse do traumatismo, volve presentar trastornos neurolóxicos que, rapidamente, poden levar ao coma e á morte.
-
Hematoma producido por un derramamento de sangue desde o cerebro, habitualmente por ruptura dun aneurisma ou dunha malformación arterial.
-
Hematoma situado entre a duramáter e a codia cerebral. Pode ser agudo ou crónico; neste último caso, os síntomas e os sinais aparecen despois de semanas ou meses de terse producido o traumatismo ou a lesión cefálica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación de sangue no útero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia na medula espiñal, que se produce pola rotura dunha arteria ou dunha vea espiñal.
-
-
Relativo ou pertencente aos hematopódidos.
-
Ave caradriforme da familia dos hematopódidos.
-
Familia de aves caradriformes de 43 cm de lonxitude de formas macizas e pico longo e comprimido. Só comprende o xénero Haematopus, dividido en seis especies.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación e maduración das diferentes células sanguíneas. A partir das células precursoras hematopoéticas (hemocitoblastos) créanse cinco tipos de nucleadas precursoras das células sanguíneas normais: os proeritroblastos, que formarán os eritrocitos maduros; os mieloblastos, que formarán os eosinófilos, neutrófilos e basófilos; os monoblastos, que formarán os monocitos maduros; os linfoblastos, que formarán os linfocitos e os megacarioblastos, que formaran as plaquetas. A hematopoese depende da presenza de factores de crecemento e maduración celular. Durante a vida embrionaria e fetal, a hematopoese ten lugar no saco vitelino e despois no fígado, no bazo, nos ganglios linfáticos e na medula ósea. Despois do nacemento e na fase adulta, a medula ósea é o centro máis importante da hematopoese. Nela fórmanse os eritrocitos, os granulocitos, as plaquetas e os monocitos; os linfocitos proceden do tecido linfático, sobre todo do timo e da medula. En diversas circunstancias fisiolóxicas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hematopoese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porfirina que aparece na urina como resultado do catabolismo da hemoglobina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edema de sangue nunha ou nas dúas trompas de Falopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intercambio de gases entre o aire dos alvéolos pulmonares e o sangue venoso. Este sangue convértese así en sangue arterial, por fixación do osíxeno e eliminación do anhídrido carbónico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hemospermia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é producido polo sangue ou a través do sangue.