hematose

hematose

(< gr αἱμάτωσις  ‘cambio no sangue’)

s f [FISIOL]

Intercambio de gases entre o aire dos alvéolos pulmonares e o sangue venoso. Este sangue convértese así en sangue arterial, por fixación do osíxeno e eliminación do anhídrido carbónico.