"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gándaras de Budiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no lugar de Vitureira, na parroquia homónima do Porriño. Descoñécese a data da súa fundación, pero sábese que foi obxecto de doazón por parte do Conde Gómez Núñez á orde cluniacense en 1126.
-
PERSOEIRO
Capitán francés, conde de Sancerre. Aliouse a Xoana de Arco e colaborou na acción que liberou Orleans en 1429. Participou na expedición do delfín a Suíza en 1444, e no 1450 foi nomeado almirante de Francia. Durante as campañas de reconquista de Guyenne, mandou un dos exércitos que obtiveron a vitoria de Castillón en 1453. Destituído por Luís XI a comezos do seu reinado, en 1461, entrou na Liga do ben público, pero someteuse ao soberano no ano 1469 e recuperou o seu favor. Ditou a súa biografía recollida no Le Jouvencel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e sindicalista anarquista. Organizou a folga xeral de Zaragoza como protesta polo asasinato de Francesc Layret en Barcelona, feito polo que foi condenado; no ano 1939 exiliouse a Francia. Publicou un libro de lembranzas El movimiento obrero español. 1886-1929 (1928) e La CNT, los Treinta y la FAI (1933). Dirixiu Cultura y Acción (1921), Solidaridad Obrera (1922) e El produtor de Blanes (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador. Licenciado en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid. Colaborador en diversas publicacións (Tempos, Elipse, Golfiño, Frente Comixario, etc), realizou as ilustracións dos seguintes libros: Contos do paxaro azul (1994), A lenda da cidade asolagada (1995), O dado de lume (1997), O monstro da chuvia (1998) e O laboratorio do Dr. Nogueira (1998), entre outros. Dende 1998 realiza traballos de animación. Recibiu o primeiro premio no concurso nacional de cómics de Getafe (1988 e 1991) e no certame de banda deseñada Xuventude 94.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e periodista vasco en lingua castelá. Vinculado nun principio á chamada Xeración do 98, desde a morte de Dato foi militante da dereita. Entre outras novelas, escribiu El sabor del pecado e Los nietos de Danton (1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo. Xunto con Alfonso Sastre e Alfonso Paso dominou a escena española na década dos anos cincuenta e sesenta. Foi apresado en 1939 a causa da súa participación na Guerra Civil. A súa obra Historia de una escalera, estreada en 1949 e galardoada co Premio Lope de Vega, constitúe un dos fitos do realismo que daría lugar á aparición dunha problemática crítica, ausente na escena española desde 1939, e unha das primeiras miradas críticas á España da posguerra que influiría en autores posteriores. A súa técnica evolucionou desde as formas do teatro psicolóxico e existencial ata as influídas polo teatro brechtiano, aínda que sempre cunhas solucións moi persoais, presentando os obstáculos que limitan a condición humana e que ou son externos, e aquí se inscribe a súa vertente social e política, ou internos, enmarcados nunha ambigüidade transcendente. Para el, o coñecemento humano móvese entre as insuficiencias físicas e a inseguridade das intuicións, expresada a través...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de roupa, alongada, feita con la, seda ou outro tecido que se usa para abrigar o pescozo ou a boca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘porco’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino de Uganda, ao NO do lago Victoria. A disgregación do grande estado de Kitara deu lugar, a principios do s XVII, á formación dos reinos hima do actual territorio de Uganda: Bunyoro, Ankole, Toro e Buganda. O reino de Buganda, composto etnicamente polos baganda e os invasores hima, foi gobernado polo kabaka ou rei; o primeiro deles chamouse Kinton. Despois de dous séculos de hexemonía de Bunyoro, Mutesa I, chegado ao poder en Buganda en 1860, estableceu o predominio de Buganda sobre a rexión. En 1862 chegaron a Buganda os exploradores John Hanning Speke e David Grant e, en 1875, David Livingstone. En 1880 o Tratado de Helgoland situou o país baixo a influencia británica, en 1894, converteuse en protectorado e, en 1897, integrouse no protectorado de Uganda. O predominio de Buganda mantívose durante todo o s XX e reflectiuse na organización administrativa e política da Uganda independente, dominio reforzado pola doazón de terras feita polas autoridades coloniais aos señores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto gabeador do xénero Bougainvillea, da familia das nitaxináceas, de follas enteiras, alternas, ovadas, lustrosas e perennes, e flores reunidas en grupos de tres e rodeadas por tres brácteas petaloides de gran tamaño, de cor laranxa ou vermella. Pertencen a este xénero dez especies orixinarias de América do Sur, apreciadas en Europa como ornamentais. As especies máis empregadas en xardinería son B. glabra, B. spectabilis e o híbrido B. x buttiana.
-
GALICIA
Industrial. Realizou prospeccións de ouro en Australia e Galicia. En 1861 creou unha fábrica de mistos en Carril. En Montevideo emprendeu a industrialización de carne bovina por medio dun método de conservación da súa invención, que foi relegado pola industria frigorífica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Alpinista austríaco, especialista do xeo. É famoso polas ascensións ao Gold Kappel, Broad Peak (8.047 m), e a ascensión individual ao Nanga Parbat (8.125 m). Desapareceu durante a expedición ao Chogolisa (Himalaia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Buis.
-
PERSOEIRO
Pedagogo e político. Foi catedrático de Pedagoxía na Sorbonne e ocupou diversos cargos políticos relacionados coa educación. No 1871 ocupou o posto de inspector de primaria e despois, chamado por Jules Ferry, pasou ao ministerio como director de ensino primario; participou na elaboración de leis educativas, promoveu a Liga dos Dereitos Humanos e recibiu o Premio Nobel da Paz en 1927. Gracias ás súas investigacións, a pedagoxía acadou en Francia nivel universitario, fundou as escolas normais superiores para a formación de inspectores e profesores, defendeu o ensino laico e obrigatorio, e a escola cívica. É autor, entre outras obras, de Ditionnaire de Pédagogie (Dicionario de Pedagoxía, 1882-1893), Nouveau ditionnaire de Pédagogie et de l’Enseignement Primaire (Novo dicionario de Pedagoxía e ensino primario, 1911) e La religion, la morale et la science dans l’education contemporaine (A relixión, a moral e a ciencia na educación contemporánea, 1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora colombiana. Nos seus inicios formou parte do nadaísmo. É autora de novelas, contos, obras de teatro, relatos infantís e xuvenís, e guionista de televisión e radio nas que o amor, a morte os soños e o mundo máxico son elementos dominantes. Publicou, entre outras obras, El hostigante verano de los dioses (1963), Las istancias doradas, colección de relatos que inclúe El hombre de paja (Premio Nacional de Teatro, 1964), Cola de perro (1970), La otra gente (1973), Bahía sonora (1976), Los pañameros (1979), Los amores de Afrodita; cuatro cuentos y una novela breve (1983), Líbranos de todo mal! (1989) e La señora de miel (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e ilustrador. Emigrou de neno a Bos Aires pero regresou para estudar enxeñería en Madrid, carreira que abandonou. Ligado á corrente do modernismo, a súa obra caracterízase por estar cargada de simboloxía. Colaborou en La Esfera. En 1913 participou nunha exposición de artistas galegos organizada polo centro galego de Madrid, e ao ano seguinte, no salón de humoristas. Presentou tamén dous debuxos á exposición rexional de 1917. En 1935 regresou á Arxentina, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, ao L de Córdoba (8.163 h [1996]). Situado na estrada de Córdoba a Jaén, é un importante centro agropecuario, dedicado á produción de cultivos mediterráneos (trigo e oliveira), ao algodón e á gandería bovina. Tamén é un centro industrial, destacando as actividades de repostería, perfumería e maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Buxán.
-
GALICIA
Xurista. Foi xuíz de primeira instancia en Vigo e Ourense, e fiscal da audiencia de Ourense. Estudiou a situación dos foros en Galicia e escribiu Sociedad gallega: estudo sobre el contrato de compañía de familia (1887), De la propiedad y los foros: estudo jurídico-social (1902) e o traballo “Redención forzosa de los foros al dominio directo” publicado no diario El Miño en 1900.
VER O DETALLE DO TERMO