"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • pluviómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hifoquitridiomicetos.

    2. Fungo da clase dos hifoquitridiomicetos.

    3. Clase de mastigomicotos semellantes aos quitridiomicetos, pero coas zoosporas provistas dun flaxelo anterior e con bárbula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Poitiers (350?-367?). Defendeu o catolicismo fronte aos arianos nos concilios de Nicea (325) e Seleucia (359). Desterrado polo sínodo ariano de Besiers a Frixia (356-360), trala súa volta á Galia convocou o Concilio de París contra o arianismo. Escritor polemista, eséxeta e poeta, redactou os tratados De trinitate e De mysteriis. A Lenda dourada atribúelle moitos milagres. Na iconografía viste de pontifical, con casula ancha e sagrado palio, mitra e báculo; e leva como atributos unha pluma e un libro ou aparece xunto a un neno ou cunha serpe enrolada na parte inferior dun báculo. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (461-468). Arcediano de Roma, foi legado de León I no Sínodo de Éfeso (449). No seu pontificado reforzou a xeraquía da Igrexa na Galia e Hispania e apaciguou os enfrontamentos entre os bispos. A súa festividade celébrase o 28 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe. Discípulo de santo Antonio Abade, viviu como ermitán preto de Maiuma e fundou un mosteiro (329). Considérase precursor do monaquismo en Palestina. A súa festividade celébrase o 21 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, que presentan tubérculo sen dividir e influorescencias en acio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos recurvirróstridos, ao que pertence a patuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos himenomicetos.

    2. Fungo do grupo dos himenomicetos.

    3. Grupo de basidomicetos da subclase das homobasidiomicétidas, que se caracterizan pola presenza dun himenio libre e externo e porque os basidios normalmente son claviformes, teñen catro basidiosporas sobre esterigmas apicais e fórmanse a partir dun micelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro nuclear inglés. Ocupou cargos públicos durante a Segunda Guerra Mundial e despois interveu no programa nuclear en Reino Unido. Foi director desde o ano 1954 da U. K. Atomic Energy Authority e dirixiu a construción da primeira central nuclear do mundo, Calder Hall, inaugurada en 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Hío (Cangas). Foi construída en dúas etapas nos ss XVII e XVIII. Ten planta en forma de L con baixo e unha altura. Na fachada destaca un balcón   cuberto e con balaustrada, que mira ao patio pechado. O acceso realízase por medio dun portón. Entre outras construcións adxectivas conserva o hórreo e o pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cangas. Construída en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave. Cóbrese con bóveda de canón. No interior destaca o retablo cunha representación do inferno. A portada é románica, ten dúas arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas, e o tímpano presenta decoración escultórica rudamente tallada. A espadana é de dous vans semicirculares e está coroada por un frontón triangular en que se abre outro pequeno van. No adro atópase o cruceiro, obra de Xosé Cerviño García.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste na alteración da orde gramatical das palabras na frase. Distínguense tres tipos: tmesis, anástrofe e paréntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao composto ou aliaxe metálica que ten unha composición cunha porcentaxe do metal da base inferior ao correspondente do eutectoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neoformación ou hipertrofia difusa ou localizada dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao parasito que vive doutro parasito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hipertrofia da capa córnea da epiderme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acceso á información textual ou multimedia de xeito non secuencial. A información, que pode ser textual, gráfica, de video ou de audio, relaciónase mediante nós conceptuais. Pódese acceder á información saltando polos conceptos a xeito dunha asociación de ideas, evitando o acceso secuencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ton ou tensión esaxerados, especialmente o ton muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á hipertonía.

    2. Aplícase ao medio cunha presión osmótica máis elevada ca outro co que se compara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado endodérmico da cavidade gástrica do embrión.

    VER O DETALLE DO TERMO