Hío, casa reitoral do
Hío, casa reitoral do
Construción situada no Hío (Cangas). Foi construída en dúas etapas nos ss XVII e XVIII. Ten planta en forma de L con baixo e unha altura. Na fachada destaca un balcón cuberto e con balaustrada, que mira ao patio pechado. O acceso realízase por medio dun portón. Entre outras construcións adxectivas conserva o hórreo e o pombal.