"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

    1. Multitude de aves pertencentes á mesma especie que voan xuntas. SIN: bando.

    2. Grupo numeroso de peixes da mesma especie que se desprazan xuntos. SIN: banco, bando, cardume, mada, 1manda.

    3. Conxunto numeroso de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas que se opón a outro nun enfrontamento. SIN: 2bando.

    2. Escudo que leva o campo cuberto de bandas alternativamente de cor e metal; o seu número pode ser par ou impar. Tamén se aplica aos xefes, paos, faixas e animais, e ao escudo composto só de bandas, tanto de cor como de metal. Fálase de escudo contrabando cando o escudo ten todas as súas bandas cortadas pola metade e os esmaltes de cada parte distintos e alternados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘camisería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta un aspecto sucio ou descoidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   bandalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea roto e moi gastado. SIN: aldraxe, fargallo, farrapo, galdrapo.

    2. Peza de roupa vella e rota. SIN: farrapo.

    3. Quen non coida o seu aspecto externo ou se amosa sucio vestíndose con farrapos. SIN: badanas, baldreo, baldroeiro, baldrogas, bandalleiro, fargallón, farrapeiro, farrapento, pingo, zalapastrán.

    4. Que ten poucos folgos. SIN: pastrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Costa de Marfil que nace da unión do Bandama Vermello e do Bandama Branco. Flúe en dirección meridional e desemboca no Océano Atlántico, no golfo de Guinea, preto da localidade de Grand-Labou logo dun percorrido de 720 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Brunei e do distrito de Brunei e Muara (45.867 h [1991]). O seu carácter capitalino reflíctese na importancia dos sectores comercial e administrativo, exercendo unha atracción funcional que abrangue todo o territorio nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto de Irán, no estreito de Ormuz, ante as illas de Qeshm (273.578 h [1996]). Foi fundada en 1623 polo Xa ‘Abbas I e converteuse no primeiro porto de Persia durante o s XVII. É a capital do ostān de Hormozgān.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ostān do Khūzestān, en Irán. É un dos portos máis importantes do Golfo Pérsico. Logo da Revolución Islámica de 1979 mudou a súa denominación adoptando a actual en homenaxe ao Aiatolá Khomeyni, líder político e espiritual xiíta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bandar-e Khomeyni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Educouse en Oxford. Nos anos vinte iniciou a súa andaina política fundando en 1937 o Partido Maha Sinhala. Integrado despois no Partido Nacional Unido, dirixido por Senanavake, foi nomeado ministro de Sanidade e de Goberno Local (1948-1951). En 1951 dimitiu e fundou un novo movemento, o Partido Cingalés Socialista pola Liberdade. Por medio dunha fronte popular conseguiu triunfar nas eleccións de 1956 e converteuse en primeiro ministro (1956-1959). Levou a cabo unha política exterior neutralista e, no interior, favoreceu os srilankeses en detrimento das etnias minoritarias. Nun momento de axitación e crise política, foi asasinado por un bonzo extremista, Talduwec Somarana Thero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Despois do asasinato do seu marido Salomon Bandaranaike (1959), asumiu o liderado político do Partido da Liberdade de Sri Lanka e converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1960, cargo no que continuou a liña política do socialismo moderado iniciada por Salomon Bandaranaike. Estivo na oposición entre 1965 e 1970, neste tempo creou a Fronte Unida cos marxistas e con grupos de esquerdas. En 1972 converteu Ceilán na República de Sri Lanka. Nas eleccións de 1977 sufriu unha derrota que a fixo abandonar o goberno e en 1980 foi expulsada do Parlamento e privada dos seus dereitos civís. No ano 1994 converteuse de novo na primeira ministra, antes do acceso á Presidencia da súa filla Chandrika Bandaranaike Kumaratunga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento brusco dunha embarcación ao balancearse violentamente dun lado a outro.

    2. Calquera golpe que pon en perigo o equilibrio dun corpo en movemento.

    3. Cambio súpeto de opinión ou de comportamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Baixa Limia situado na provincia de Ourense no sector meridional da comunidade autónoma de Galicia (42° 02’ 20’’ de latitude N- 7° 50’ 03’’ de lonxitude O). Limita ao N co concello de Verea (A Terra de Celanova), ao L cos concellos de Rairiz de Veiga e Porqueira (A Limia), ao S (a través do río Limia) co de Muíños (A Limia) e ao O co de Lobeira (A Limia). Abrangue unha superficie de 99 km 2 cunha poboación 2.292 h (2007) distribuídos nas parroquias de Bande, Os Baños, Cadós, Calvoa, Carpazás, Corvelle, Garabelos, Güín Nigueiroá, O Ribeiro, Santa Comba e Vilar. Dista 153 km de Santiago de Compostela e 39 km de Ourense. Cabeza de partido xudicial, está adscrito á á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    A influencia do relevo e o seu carácter interior, afastado da suavización térmica que imprime a cercanía ao mar, queda contrarrestada pola presenza do val do río Limia que exerce un papel de corredor hidrográfico aberto á penetración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun antropotopónimo que remite ao xenitivo do nome persoal de orixe xermánica pero latinizado Vanatus, nome procedente á súa vez do gótico *wana ‘esperanza’.

    VER O DETALLE DO TERMO