"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Político romano, neto de Cneo Octavio. Foi cónsul en 87 a C xunto con Lucio Cornelio Cinna, pero ao contrario que este, opúxose á obra reformista de Mario e expulsou a Cinna da cidade. Asediado e bloqueado en Roma polos partidarios de Mario, foi asasinado por Cinna, o que provocou o estalido dunha guerra entre os partidarios do xa falecido Mario (86 a C) e os seguidores de Sila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Pertenceu á Lexión Tebana e, na persecución de Máximo Hercúleo, sufriu martirio en Turín. Represéntase vestido de militar romano ou medieval, coa espada (atributo dos militares), a palma e a coroa dos mártires. A súa festividade celébrase o 20 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Octavius, derivado de octavus ‘oitavo’ que, orixinariamente, se lle impoñía ao oitavo fillo. Pertence, pois, á serie de nomes tirados de numerais ordinais como Primus, Secundus, Quintus ou Sextus. Despois converteuse en nome persoal independentemente da orde de nacemento. A súa festividade celébrase o 20 novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘corno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Baviera (1180-1183). Coñecido como Odón de Wittelsbach, Federico I Barbarrubia nomeouno conselleiro persoal e dooulle o Ducado de Baviera. Os seus descendentes reinaron ata 1918.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista ucraíno, pai de Igor Davidovič Oistrakh. Considerado un dos violinistas máis virtuosos de todos os tempos, desenvolveu unha técnica en que predominaba a temperanza formal e a riqueza tonal. Debutou como solista en 1925 e traballou con orquestras en Rusia, Europa e EE UU. Destacan a súa interpretación do Triplo Concerto de Beethoven xunto a S. Richter e M. Rostropovič, e as coleccións Decca (1963) e Praga (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista ucraíno, fillo de David F’odorovič Oistrakh. Estudou violín co seu pai e perfeccionou a súa técnica no Conservatorio de Moscova (1949-1955). Desenvolveu un estilo que se caracterizou polas interpretacións modernistas, e realizou diversas actuacións en Europa e América, ocasionalmente xunto ao seu pai. Conseguiu diversos premios en festivais internacionais, como os de Budapest e Poznań.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frauta pequena cunha extensión unha oitava superior á da frauta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Intelectual ilustrado. Funcionario xudicial en Lima, en 1750 foi procesado por malversación en España e encarcerado en 1757. Fuxiu a París e ao seu regreso en 1765 comezou unha nova carreira de funcionario. Foi intendente de Andalucía e superintendente das repoboacións de Sierra Morena (1767), e organizou en Sevilla reformas urbanísticas e un novo sistema educativo. En 1776 foi acusado ante a Inquisición de herexe, ateo e materialista e, ademais, de manter correspondencia con Voltaire e Rousseau. Foi condenado a prisión e inhabilitado para ostentar cargos públicos (1778) e confiscáronselle todos os seus bens. En 1780 fuxiu a Francia, de onde volveu en 1798. Publicou Evangelio en Triunfo o Historia de un filósofo desengañado (1797).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Cavaleiro de Oliveira, pertenceu á Ordem do Nosso Senhor Jesus Cristo. Tempo despois, converteuse ao protestantismo, e publicou en Amsterdam Mémoires de Portugal (1741) e Cartas familiares (1741), e en Londres Amusement périodique (1751), Discours pathétique (1756) e Le Chevalier d’Oliveira brulé en effigie (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á omoplata e á clavícula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU que se creou en 1947 para promover a seguridade e a eficiencia dos transportes aéreos. Ten a súa sede en Montréal. As súas actividades inclúen a elaboración de regulamentos e códigos de circulación e seguridade, o mantemento de rutas polas que favorecer a axuda internacional e a asistencia técnica aos estados menos desenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Especializado en material relacionado co ensino e cos movementos de renovación pedagóxica, foi membro fundador da Fundación Castelao, fundador e secretario adxunto da Fundación do Pedrón de Ouro, e presidente e membro fundador de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Escribiu os libros de versos dedicados aos nenos Cousas para facer, dicir e pensar (1987) e O albendar dos animais (1987); o relato Por se che pasa (1988); as novelas xuvenís A verdade na bufarda (1991) e Chano (1991); a colección de relatos breves Contos de ir e volver (1994); diversos traballos sobre a figura de destacados autores galegos, especialmente Castelao, como Castelao corenta anos despois (1950-1990) (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (1996) e A vida de Eladio Rodríguez (2001); e os libros Que facer coas palabras? (1998) e Para iso está o futuro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director audiovisual en GAM, director de radio na Cadena SER e director xeral da cadea de televisión Localia Galicia, pertencente ao Grupo Prisa. Desde abril de 2004 pasou a ocupar o cargo de director xeral da Cadena SER en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi xefe de sección da oficina de coordinación de transplantes de Galicia. É membro honorífico da Asociación Galega de Investigadores en Ciencias da Saúde. Colaborador en distintas revistas especializadas en ciclismo, publicou Introdución ao ciclismo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Pensador cristián, opúxose a todo idealismo e inmanentismo. Ademais de obras sobre Abelardo, o escolástico Guglielmo d’Auxerre, o cartesianismo e B. Croce, escribiu Critica dell’idealismo (1936), Metafisica dell’essere parziale (1942) e La tragicità del reale ovvero la malinconia delle cose (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e escritor, conde de Priegue. Fundou e foi xerente da distribuidora e produtora Los Films de El Búho SL e do Festival de Cine de Humor Ciudad de La Coruña. Foi membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas e membro fundador e bibliotecario da Academia Gallega de Gastronomía. Das súas producións cinematográficas destacan Demonios en el jardín (1982), La mitad del cielo (1986) e Malaventura (1988). Publicou os libros Cocina Gallega (1998) e La cena de los videntes (2001, premio Fernando Arenas Quintela). Recibiu a Medalla Paul Harrys Fellow (Rotary Club).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático e filatélico. Publicou Los enteros postales españoles del siglo XIX, Enteros postales de España (1873-1973), Dicionario de filatelia (1996) e a versión anotada Los sellos de correos de España y sus colonias (1991), da obra de R. Friederich Die Postwertzeichen Spaniens und seiner Kolonien.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á lingua indoirania do phylum indoeuropeo, denominada tamén pehlevi ou persa medio, que constitúe o idioma oficial, relixioso e literario do imperio sasánida (ss III-VII). O seu sistema de escritura deriva do alfabeto arameo. As obras literarias máis notables son o Libro da Creación, unha sorte de cosmogonía do mazdeísmo, e Ay ātkar-i Zarērān (Memorial de Zarir), epopea dun heroe persa xurdido nunha guerra contra Turan, e diversos poemas de inspiración relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía imperial de Irán. Fundada en 1925 polo xeneral Rida Khān a consecuencia da deposición do Xa A ḥ mad Shāh, a súa instauración, co nome de Reza I de Irán, significou a modernización xeral do país. Sucedeuno (1943) o seu fillo Mu ḥ ammad Reza de Irán, que foi derrocado pola Revolución Islámica (1979) e morreu no exilio en 1980. O seu fillo proclamouse xa no exilio co nome de Reza II Ciro.

    VER O DETALLE DO TERMO