Otero Fernández, David

Otero Fernández, David

Escritor. Especializado en material relacionado co ensino e cos movementos de renovación pedagóxica, foi membro fundador da Fundación Castelao, fundador e secretario adxunto da Fundación do Pedrón de Ouro, e presidente e membro fundador de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Escribiu os libros de versos dedicados aos nenos Cousas para facer, dicir e pensar (1987) e O albendar dos animais (1987); o relato Por se che pasa (1988); as novelas xuvenís A verdade na bufarda (1991) e Chano (1991); a colección de relatos breves Contos de ir e volver (1994); diversos traballos sobre a figura de destacados autores galegos, especialmente Castelao, como Castelao corenta anos despois (1950-1990) (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (1996) e A vida de Eladio Rodríguez (2001); e os libros Que facer coas palabras? (1998) e Para iso está o futuro (2003).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela